Nanosat 01, é un nanosatélite español lanzado o 18 de decembro de 2004 mediante un foguete Ariane 5 desde o Centro Espacial de Kourou, na Güiana Francesa, xunto co satélites Helios 2A e outros cinco microsatélites franceses. O termo nanosatélite fai referencia a satélites artificiais duns poucos quilogramos de masa.
Características Nanosat 01 pesa uns 15 kg ao lanzamento e consiste nunha estrutura hexagonal duns 0,5 m de lado cuberta de células solares capaces de producir ata 20 vatios de potencia. Foi construído polo Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial.
Nanosat 01 levaba varios experimentos a bordo, entre eles un para a comunicación en diferido entre lugares remotos, como a Antártida, e o centro de control, situado en Madrid, así como nanosensores solares e magnéticos e un sistema de comunicación óptica interna en infravermellos.
Notas
Categoría:Satélites artificiais de España Categoría:2004