Vita Imana é un grupo musical de groove metal procedente de Madrid. Formado no 2005, levan editados catro álbums de estudio, actuando en varios festivais nacionais e internacionais coma o Festimad, o Wacken Open Air ou o Resurrection Fest entre outros.
Historia O grupo foi fundado no 2005 polo batería Daniel García e o baixista Pepe Blanco, incorporando posteriormente a Román García e "Puppy" coma guitarristas, e a Míriam Baz na percusión. O vocalista Javier Cardoso incorporouse á formación no 2007. Durante os primeiros anos o grupo realizou varias actuacións polo territorio español e gravaron un EP titulado "Despierta".
En marzo de 2010 publicaron o seu primeiro álbum de estudio, titulado En Otro Lugar. O álbum foi autoeditado polo grupo e mesturado por Mika Jussila, e foi recibido con boas críticas en xeral polos medios especializados. Trala publicación do disco firmaron coa axencia Sobry Music, e actuaron en varios festivais internacionais, destacando a súa actuación no Wacken Open Air ao que accederon por medio do concurso organizado polo mesmo festival ao gañar a final nacional do mesmo.
O seu segundo álbum de estudio, titulado Uluh, foi publicado o 30 de xaneiro de 2012, seguido dunha xira do grupo por España que incluíu actuacións no Sonisphere, o Viña Rock, Costa de Fuego ou o Derrame Rock entre outros.
O seu terceiro álbum de estudio foi titulado Oceanidae, publicado en marzo de 2014, tendo de novo unha boa recepción xeral por parte da crítica especializada, e o seu cuarto álbum de estudio foi El M4l, publicado no 2017.
Membros Mero Mero (voz) Román García (guitarra) Diego López (guitarra) Pepe Blanco (baixo, voces) Míriam Baz (percusión) Daniel García (batería) Antigos membros Javier Cardoso (voz) Puppy (guitarra)
Discografía Álbums de estudio En Otro Lugar (2010) Uluh (2012) Oceanidae (2014) El M4l (2017) Bosa (2019) VI (2022)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Web oficial Entrevista a Vita Imana en themetalcircus.com
Categoría:Grupos musicais da Comunidade de Madrid Categoría:Grupos musicais de groove metal Categoría:Grupos musicais formados en 2005 Categoría:Grupos musicais de death metal Categoría:Grupos musicais de thrash metal