O Centro de Kamppi (en finés Kampin keskus), en sueco Kampens centrum) é un centro de servizos situado na praza Narinkka do barrio de Kamppi en Helsinqui. A súa superficie total alcanza os 37.000 m2. Características Deseñado por varios arquitectos, aínda que o deseñador principal foi Juhani Pallasmaa, é o novo centro comercial e residencial de Helsinqui.
Inaugurado o 2 de marzo de 2006, a súa construción levou catro anos, e foi a máis grande obra singular na historia de Finlandia, que implicou ademais a reconstrución, extensa e difícil do distrito de Kamppi, no centro de Helsinqui.
O estilo do complexo é o resultado do interese de Juhani Pallasmaa polos enfoques aruitectónicos construtivista e estruturalista onde o edificio funciona como unha máquina.
Infraestuturas miniatura|300px|A praza central do Centro Comerial. Estación intermodal: Estación de autobuses urbanos (en superficie) Estación de autobuses interurbanos (subtarrána) Estación de metro de Kamppi (subterranea) Almacén de mercandorías (subterráneo) Estacionamento para automóbiles (subterráno) Centro comercial de 6 andares(cun supermercado, tendas, restaurantes, bares, discotecas e outros servizos) Oficinas Vivendas
Galería
miniatura|800px|Vista panorámica da praza Narinkka.
Véxase tamén
Outros artigos Estación Central de Helsinqui
Categoría:Centros comerciais Categoría:Arquitectura en Helsinqui Categoría:Transporte en Helsinqui