Lise Meitner, nada en Viena o 7 de novembro de 1878 e finada en Cambridge o 27 de outubro de 1968, foi unha física austríaca que investigou a radioactividade e física nuclear..
Traxectoria Foi a terceira de oito fillos dunha familia xudía. Estudou física na Universidade de Viena (na que entrou no 1901) con Ludwig Boltzmann. Despois de doutorarse, mudouse a Berlín en 1907 para estudar con Max Planck e Otto Hahn na Universidade Friederich Wilhelm. Nesta institución traballou durante 30 anos liderando unha sección no Instituto Kaiser Wilhem (na actualide, Max Planck Institut). Ambos investigaron a radioactividade, un dende a perspectiva química e a outra dende a física. No ano 1918 descubriu o Protactinio. No 1923 descubriu a transición non radioactiva denominada Efecto Auger.
Ó ser anexionada Austria por Alemaña no 1938, pola súa condición de xudía, Lise viuse forzada a trasladarse a Suecia, pasando a traballar en malas condicións no Instituto Manne Siegbahn de Estocolmo. Reuniuse de xeito clandestino con Otto Hahn en Copenhaguen (Dinamarca) para programar unha nova rolda de experiencias, que proporcionaron a evidencia da fisión nuclear e foron publicados en xaneiro de 1939, dando Lise a explicación física das observacións e ao proceso de fisión nuclear o mes seguinte.
Ó longo da súa vida publicou numerosos artigos en revistas científicas, recibiu cinco doutorados e outros recoñecementos, coma a medalla de Ouro Max Planck no 1949. No 1944, Meitner foi ignorada mentres Hahn recibía o Nobel, o que foi corrixido en parte no 1966, ó seren galardoados xunto a Fritz Straßmann co Premio Enrico Fermi. O elemento número 109 chámase Meitnerio na súa honra.
No 1960 vaise retirar a Cambridge, Inglaterra. Sendo soterrada en Bramley. O seu sobriño Otto Frisch inscribu na súa tumba o epitafio Lise Meitner: unha física que nunca perdeu a humanidade.
Eponimia O cráter lunar Meitner leva este nome na súa memoria.Altschuler e Ballesteros (2016) O cráter de Venus Meitner tamén conmemora o seu nome. Así mesmo, o asteroide (6999) Meitner recibiu este nome na súa honra. En 1997 o elemento químico 109 recibiu o nome de meitnerio como recoñecemento a Meitner.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Daniel Roberto Altschuler e Fernando J. Ballesteros (2016). Las mujeres de la Luna. Historias de amor, dolor y valor. Editorial: Next Door Publishers e Jot Down Books (Colección El café Cajal). ISBN: 978-84-944435-4-1 Ignotofsky, Rachel (2017). Mujeres de ciencia : 50 intrépidas pioneras que cambiaron el mundo (1ªed.). Madrid. ISBN 978-84-16830-80-0
Tsjeng, Zing (2020). Mujeres olvidadas : las científicas. Madrid. ISBN 978-84-415-4214-3,
Outros artigos
E ti, que científicas coñeces?
A ciencia ten nome de muller (en Wikibooks) Efecto Matilda Mulleres en física
Categoría:Nados en 1878 Categoría:Nados en Viena Categoría:Finados en 1968 Categoría:Físicos de Austria