O distrito do Centre (Centre en catalán) é un dos cinco distritos nos que se divide o termo municipal de Palma de Mallorca. Está formado polo casco antigo da cidade.

Está delimitado polas Avenidas (avingudes), situadas onde antigamente estaban as murallas. Limita co distrito de Ponent polo oeste, co distrito de Llevant polo leste, co distrito Nord polo norte e co mar Mediterráneo polo sur.

Barrios O distrito está formado polos seguintes barrios: La Calatrava Cort Jaume III La Llotja-Born El Mercat La Missió Monti-sion Plaça dels Patins Puig de Sant Pere Sant Jaume Sant Nicolau La Seu El Sindicat

Inclúe ademais outras zonas que non son considerada barrios: Zona portuaria Arquipélago de Cabrera

Véxase tamén

Categoría:Distritos de Palma Categoría:Distritos históricos