Hovhannes Cholakian (en ), nado en Constantinopla o 12 de abril de 1919 e finado na mesma cidade o 16 de setembro de 2016, foi un eclesiástico católico armenio de Turquía, arcebispo de Istanbul dende 1966 até 2015. Traxectoria Naceu o 12 de abril de 1919 en Constantinopla (Imperio Otomán), e o 25 de abril de 1943 foi ordenado sacerdote.
O 23 de maio de 1966 foi elixido arcebispo de Constantinopla, recibindo a consagración de mans do prefecto da Congregación para a Propagación da Fe, Gregorio Pedro XV Aghachanean o 5 de marzo de 1967.
Permaneceu no cargo até que se retirou o 21 de marzo de 2015, con case 96 anos. Finou en Istanbul na noite do 16 de setembro de 2016.
Obra
Notas
Categoría:Nados en 1919 Categoría:Finados en 2016 Categoría:Nados en Istanbul Categoría:Bispos da Igrexa católica armenia Categoría:Bispos católicos de Turquía Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Escritores de Turquía Categoría:Escritores de literatura relixiosa