miniatura|Claude François (1965). Claude François, nado en Ismailia (Exipto) o 1 de febreiro de 1939 e finado en París o 11 de marzo de 1978, foi un cantante pop francés.
Traxectoria En 1968, Claude François e Jacques Revaux escribiron a canción Comme d'habitude, que se converteu nun éxito nos países francófonos. O cantante canadense Paul Anka reescribiu o texto para o público anglófono baixo o título My Way, que acabou por converterse nun éxito mundial nas interpretacións de Elvis Presley e Frank Sinatra.
Morreu electrocutado nun accidente no cuarto de baño.
Álbums Comme d'habitude (1967) Eloïse (1968) Un monde de musique (1969) Tout éclate, tout explose (1969) Claude François à l'Olympia (1969) Le monde extraordinaire de Claude François (1970) C'est la même chanson (1971) Tournée été 71 (1971) Il fait beau, il fait bon (1971) Y'a le printemps qui chante (1972) Le lundi au soleil (1972) Je viens dîner ce soir (1973) Chanson populaire (1973) Claude François sur scène (1973) Le mal aimé (1974) Toi et moi contre le monde entier (1975) Pourquoi pleurer (1975) Eté 75 (1975) Pour les jeunes de 8 à 88 anos (1976) Le vagabond (1976) Je vais à Rio (1977) Magnolias for ever (1977) Bordeaux rosé (1978) Hommages (1993)
Filmografía Drôles de zèbres (Guy Lux, 1977)
Véxase tamén
Ligazóns externas Biografía e cancións Biografía
Categoría:Cantantes de Francia Categoría:Músicos de Francia Categoría:Nados en 1939 Categoría:Nados na gobernación de Ismailia Categoría:Finados en 1978