Liutprando de Cremona (Liudprand ou Luitprando), latinizado Liutprandus Cremonensis, nado sobre o 922 e finado no 972, foi un historiador dos longobardos e bispo de Cremona, naceu a comezos do século X de familia nobre. Traxectoria En 931 entrou ao servizo de Hugo de Arlés, na corte de Pavia (como rei de Italia). Tras a morte deste en 947, Liutprando pasou a ser secretario do verdadeiro gobernante de Italia, Berengario II de Ivrea, para quen foi chanceler e logo embaixador (949) na corte bizantina de Constantino VII Porfiroxeneta.
Á súa volta, perdeu o favor da corte de Pavia, e pasouse ao bando do opoñente de Berengario, o emperador Odón I, que foi rei de Italia á morte de Lotario II de Italia en 950, e con quen volveu a Italia en 961 e foi investido bispo de Cremona en 962.
Volveu ser enviado a Constantinopla, co fin de pedir para o mozo Odón (que logo foi o emperador Odón II) a man de Teófano, filla do emperador bizantino Romano II.
O seu relato desta embaixada na Relatio de Legatione Constantinopolitana é quizais a descrición máis gráfica e vívida que nos chegou da corte e a capital bizantina no século X, aínda que non deixa de relatar as ofensas recibidas e a dignidade ferida, cunha postura moi partidista antibizantina.
A Luitprando bispo de Cremona atribuíu o falsario xesuíta toledano Jerónimo Román de la Higuera un dos seus «falsos Cronicóns».
Obras Antapodosis, seu rerum per Europam gestarum, Libri VI, unha narración histórica dos feitos acaecidos, sobre todo en Italia, de 887 a 949. Historia Ottonis, unha loa do seu patrón o emperador Odón I, que cobre os anos 960–64. Relatio de legatione Constantinopolitana ad Nicephorum Phocam que cobre os anos da súa embaixada á capital bizantina, 968–69. Véxase tamén Ligazóns externas Catholic Encyclopedia: Liutprando de Cremona Zdravko Batzarov, Encyclopædia Orbis latini: Liutprando de Cremona Liutprando, Relatio: extractos (en inglés).
Categoría:Finados en 972 Categoría:Longobardos Categoría:Historiadores de Italia Categoría:Medievalistas