Gary Harris, nado o 14 de setembro de 1994 en Fishers, Indiana, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga nos Orlando Magic da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional O 26 de xuño de 2014, Harris foi seleccionado na 19ª posición do Draft da NBA de 2014 polos Chicago Bulls. Na mesma noite do Draft foi traspasado ós Denver Nuggets. O 31 de xullo de 2014, asinou o seu contrato cos Nuggets tras acadar 18.6 puntos, 4.2 rebotes, 2.6 roubos e 2.0 asistencias en cinco encontros da Liga de Verán da NBA. Tras perderse os primeiros sete partidos da tempada por lesión, Harris fixo o seu debut na NBA o 14 de novembro de 2014, facendo 13 puntos, 2 rebotes, 2 asistencias e 1 tapón en 18 minutos de xogo, na vitoria dos Nuggets por 108-87 contra os Indiana Pacers.

O 25 de marzo de 2021, Harris foi traspasado xunto a R. J. Hampton e unha futura elección da primeira rolda do Draft ós Orlando Magic, a cambio de Aaron Gordon e Gary Clark.

Estatísticas Tempada regular Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS 2014–15 Denver 55 13.1 .304 .204 .745 1.2 0.5 0.7 0.1 3.4 2015–16 Denver 76 32.1 .469 .354 .820 2.9 1.9 1.3 0.2 12.3 2016–17 Denver 57 31.3 .503 .420 .776 3.1 2.9 1.2 0.1 14.9 2017–18 Denver 67 34.4 .485 .396 .827 2.6 2.9 1.8 0.2 17.5 Total 255 28.4 .469 .371 .803 2.5 2.1 1.3 0.2 12.3

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1994 Categoría:Nados en Indiana Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Chicago Bulls Categoría:Xogadores dos Denver Nuggets Categoría:Xogadores dos Orlando Magic