Paulo Pedro XII SappagheanO seu apelido tamén aparece como Sabbaghian, e ás veces non se traduce o seu nome, Poghos Petros / Boghos Bedros. (en , Pòġos Petros ŽB. Sappaġean (ISO 9985)), nado o 12 de febreiro de 1836 en Alepo (Siria) e finado en agosto de 1915 en Constantinopla, foi o 12º Patriarca de Cilicia da Igrexa Católica Armenia dende o 4 de agosto de 1904 até abril de 1910. Traxectoria Naceu en Alepo o 12 de febreiro de 1836. Foi ordenado sacerdote arredor do ano 1857. Exerceu o seu ministerio pastoral sucesivamente en Urfa, Malatya e Al-Husn. Posteriormente foi vigairo patriarcal en Xerusalén e Beirut.
O 28 de agosto de 1901 foi nomeado bispo de Alexandría, en Exipto. Recibiu a consagración episcopal de mans do patriarca Paulo Pedro XI o 21 de novembro do mesmo ano.
O 4 de agosto de 1904 foi elixido patriarca de Cilicia, cargo no que permaneceu até a súa renuncia en abril de 1910. Finou en Constantinopla en agosto de 1915.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Catholic-Hierarchy.org
Categoría:Patriarcas de Cilicia Categoría:Nados en 1836 Categoría:Nados en Alepo Categoría:Finados en 1915 Categoría:Bispos católicos de Exipto Categoría:Bispos católicos de Siria