Angband é un videoxogo clasificado dentro dos xénero roguelike de alxubes, derivado do similar videoxogo Moria. Baséase nas historias de J. R. R. Tolkien, nas que Angband é a fortaleza de Morgoth. A última versión está dispoñible para os principais sistemas operativos, incluíndo UNIX, Windows, Mac OS X e Android. Foi desenvolvido por varias persoas de forma comunitaria e aberta, sendo publicado coma freeware baixo a licenza libre GPLv2.
Sistema de xogo A finalidade do xogo é explorar uns cen niveis dun alxube, nos que o xogador debe ir mellorando o seu equipo e gañando experiencia mentres loita con varios inimigos inspirados na mitoloxía de Tolkien principalmente, loitando finalmente con Morgoth no último nivel. O xogo parte dun nivel exterior, a cidade, onde o xogador pode comprar e vender armas, armaduras, pocións etc. Cada nivel do alxube xérase aleatoriamente, facendo a cada nivel único en canto a disposición e contidos. O combate ten lugar en base a quendas, e o xogador dispón dun inventario limitado para os obxectos que vai atopando ao longo dos niveis.
Gráficos Gráficos nativos do xogo|miniatura|dereita Os gráficos nativos do xogo están feitos con código ASCII de 128 caracteres, pero permite empregar varios paquetes de gráficos simples que melloran a visualización do xogo.
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio oficial Foro oficial en oook.cz
Categoría:Videoxogos de 1990 Categoría:Videoxogos dun só xogador Categoría:Videoxogos de Windows Categoría:Videoxogos de Mac Categoría:Videoxogos de Unix Categoría:Videoxogos de Android Categoría:Videoxogos de rol Categoría:Videoxogos de DOS Categoría:Videoxogos baseados na Terra Media