Marian Franciszek Jaworski (en ), nado o 21 de setembro de 1926 en Lwów (Polonia) e finado o 5 de setembro de 2020, foi un eclesiástico católico latino, arcebispo de Lviv dos Latinos dende 1991 até 2008, e cardeal dende 1998.
Traxectoria Marian Jaworski naceu o 21 de agosto de 1926 en Lwów, entón parte da Segunda República de Polonia (hoxe Lviv, Ucraína). Logo rematar a secundaria en 1945, entrou no seminario maior de Lviv, e posteriormente estudou en Kalwaria Zebrzydowska. O 25 de xuño de 1950 foi ordenado sacerdote polo arcebispo de Lviv Eugeniusz Baziak. Doutorouse en 1952 en Teoloxía pola Universidade Iaguelónica de Cracovia, e en 1955 en Filosofía pola Universidade Católica de Lublin.
O 21 de maio de 1984 foi nomeado administrador apostólico de Lviv e bispo titular de Lambaesis. Recibiu a consagración episcopal na catedral de Cracovia o 23 de xuño, de mans do arcebispo de Cracovia Franciszek Macharski. O 16 de xaneiro de 1991 foi nomeado arcebispo de Lviv.
No consistorio do 21 de febreiro de 1998 o papa Xoán Paulo II creouno cardeal in pectore. No seguinte consistorio, en 2001, o papa revelou o seu nome, co título de cardeal-presbítero de San Sisto.
Retirouse como arcebispo de Lviv o 21 de outubro de 2008. Finou o 5 de setembro de 2020.
Obra
Notas
Categoría:Nados en 1926 Categoría:Nados en Lviv Categoría:Finados en 2020 Categoría:Arcebispos católicos de Ucraína Categoría:Cardeais creados por Xoán Paulo II Categoría:Cardeais de Ucraína Categoría:Alumnos da Universidade Iaguelónica de Cracovia Categoría:Alumnos da Universidade Católica de Lublin Categoría:Escritores de Ucraína Categoría:Escritores en lingua polaca Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Cardeal Stefan Wyszyński en Varsovia Categoría:Arcebispos da Igrexa católica latina