miniatura|360px|Zonas xeolóxicas da Terra. Codia oceánica (segundo a súa idade)

Codia continental

En xeoloxía denomínase escudoescudo (...) 5 s m XEOG Rexión fisográfica constituída por materiais moi antigos, xeralmente precámbricos, que non experimentaron case dobramento desde unha época moi remota, e que sufriu diversas erosións ata formar grandes penechairas un pouco convexas. a unha rexión continental constituída por rochas formadas no precámbrico, que non foron recubertas polo mar.

Os escudos están formados polas rochas máis antigas da codia terrestre, granitizadas e metamorfizadas. Desde as súas orixes permaneceron estábeis e conservando a súa rixidez.

O feito de que nunca puideran ser somerxidos nas transgresións mariñas débese a que sufriron movementos tectónicos verticais. Non experimentaron pregamentos, xa que resistiron a todos os pulos horizontais.

Un escudo é xeralmente unha grande área de rochas ígneas e metamórficas expostas que son tectonicamente estábeis e experimentaron pouca actividade oroxénica.

En todos os casos, a idade destas rochas é de máis de 570 millóns de anos, incluso algunhas datan de hai de 2 a 3,5 miles de millónes de anos.

A causa da súa estabilidade, a erosión aplanou a topografía da maioría dos escudos continentais; porén, comunmente posúen unha superficie bastante convexa e poden estar rodeados dunha rexión recuberta de sedimentos denominada plataforma. Xuntos, a zona exposta, a plataforma recuberta e o baseamento cristalino son as partes estábeis da codia continental que compoñen os cratóns.

Os escudos son normalmente os núcleos dos continentes e a maioría están bordeados por cintos de rochas cámbricas pregadas. Estes cintos soldáronse aos bordos dos escudos preexistentes, incrementando así o tamaño dos protocontinentes que constitúen. As marxes dos escudos foron sometidas ás forzas xeotectónicas que, á súa vez, as destruíron e reconstruiron, xunto aos cratóns en que se integran.

Nas rexións setentrionais do globo, encóntranse: Escudo Canadense, que forma o núcleo de Norteamérica, estendéndose desde o lago Superior polo sur, até as illas árticas polo norte, e do Canadá a Groenlandia. Escudo Escandinavo ou Báltico, que está en vías de alzamento, entre o leste de Noruega e Finlandia. Escudo Siberiano, situado entre os ríos Lena e Ienisei, ao norte do lago Baikal.

No hemisferio sur destacan: Escudo Güianés, no noroeste de Suramérica. Escudo Brasileiro ou Amazónico, ao sur do Güianés, atravesando Brasil até Pernambuco polo leste. Escudo Arábigo-Nubio, a ambos os flancos do mar Vermello, e que comprende xeograficamente a Israel, Xordania, Exipto, Arabia Saudita, Sudán, Eritrea, Etiopía, Iemen e Somalia. Escudo do Decán, no sur da India. Escudo Australiano, que ocupa a maior parte da metade occidental de Australia.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Cratón Deriva continental

Categoría:Tectónica de placas