Ana Ledo Fernández é unha política galega, concelleira e exalcaldesa de Boimorto.
Traxectoria Aínda que independente, figurou como número 2 na candidatura do PSdeG-PSOE por Boimorto nas Municipais de 2011. Nos comicios o PSdeG acabou empatado a concelleiros co PP, pero grazas ao apoio do BNG na investiura José Ignacio Portos foi designado alcalde.
En 2014 o alcalde Portos presentou a súa dimisión por motivos de saúde, e Ana Ledo foi elixida a nova alcaldesa de Boimorto, a primeira muller en dirixir o concello. Nas eleccións de 2015 presentouse de novo, como independente, encabezando a candidatura do PSdeG. Todos os integrantes da candidatura figuraban como independentes.
Tras as eleccións, PSdeG-PSOE e BNG acordaron elixir alcalde ao candidato do BNG Xosé Luís Rivas Cruz no lugar de Ana Ledo, a pesar de que o PSdeG-PSOE tiña catro concelleiros e o BNG con dousO nacionalista Xosé Luis Rivas Cruz será o alcalde de Boimorto La Voz de Galicia, 13/06/2015..
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Boimorto
Categoría:Alcaldes de Boimorto Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia