A estreleira, ou bandeira da patria, é a bandeira que simboliza a loita pola independencia de Galiza, é a bandeira galega cunha estrela vermella de cinco puntas no centro, que significa independencia e socialismo.
Historia e características A estrela de cinco puntas aparece desde a Prehistoria e tanto na Idade Antiga coma na Idade Media será símbolo xeométrico de moi variadas connotacións. Serán as loxas masónicas as que volvan utilizala, nalgúns casos coloreada de vermello, ata que as organizacións socialistas e comunistas lle confiran un novo pulo simbólico e remate convertida en emblema oficial de numerosos Estados e organizacións ao longo do planeta.
Entre o galeguismo, xa durante o período das Irmandades da Fala, algúns significados membros comezan a incorporar o símbolo da estrela na correspondencia; Castelao introdúcea, xunto á fouce e á serea, na súa proposta laica de escudo. Polo de agora o primeiro uso documentado da estreleira data de 1936, cando a arbora o Batallón Galego do V Rexemento. Así o acredita Xosé Luís Méndez Ferrín:"Na zona republicana organizáronse, que nós saibamos, tres unidades de carácter nacional-popular galego: o Batallón Galicia (Asturias), o Batallón Celta (Exército de Euskadi), e o Batallón Galego (5º Rexemento). Foron mandados, respectivamente, polos comandantes Moreno, Fernández e Esturao. O coronel, logo xeneral, Enrique Líster, de Calo-Teo, que mandaba o 5º Rexemento, estaba orgulloso da súa unidade e quixo que esta levase unha bandeira galega coa estrela vermella. Dinme que Ramón Esturao lla entregou ao Museo Carlos Maside de Sada. A esta refírese Farruco Sesto Novás no seu poema `Homenaxe á bandeira do pobo´." Na práctica totalidade das organizacións históricas e actuais do nacionalismo galego de esquerda -e tamén nalgunhas organizacións socialistas e comunistas favorables á autodeterminación- é hexemónico o uso da estrela vermella de cinco puntas, tanto incluída na bandeira coma noutros elementos simbólicos representativos. O pulo definitivo para a normalización desa simboloxía foi o activismo clandestino da UPG nos anos 60 e 70. Hoxe constitúe un elemento reivindicativo común nas manifestacións populares e tamén en celebracións.Os deportistas galegos subiron a bandeira estreleira ao podio para celebrar a súa vitoria.
A estreleira carece dunhas medidas precisas e universalmente asumidas, en especial no que atinxe ao tamaño e posición da estrela vermella.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Estelada Proxecto estreleira
Categoría:Vexiloloxía Categoría:Bandeiras de Galicia Categoría:Historia contemporánea de Galicia