A catedral de Santiago de Compostela é un templo de culto católico situado na cidade de Santiago de Compostela. Acolle o que, segundo a tradición católica, é o sepulcro do Apóstolo Santiago, o cal converteu o templo nun dos principais destinos de peregrinación de Europa durante a Idade Media a través do chamado Camiño de Santiago, unha ruta iniciática na que se seguía o ronsel da Vía Láctea comunicando a Península Ibérica co resto do continente. Isto foi determinante para que os reinos medievais na península participasen nos movementos culturais da época, e segue a ser un importante destino de peregrinación. Un privilexio concedido en 1122 polo papa Calisto II declarou que serían «ano santo» ou «ano xubilar» en Compostela todos os anos nos que o día 25 de xullo, día de Santiago, coincidise en domingo; este privilexio foi confirmado polo papa Alexandre III na súa bula Regis aeterni en 1179.

Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1896, e a cidade vella de Santiago de Compostela, que se concentra ao redor da catedral, foi declarada ben cultural Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1985.«Sede de uno de los más célebres lugares de peregrinación de la cristiandad y símbolo de la lucha de los cristianos españoles contra el Islam, esta ciudad del noroeste de España fue arrasada por los musulmanes a finales del siglo X. Totalmente reconstruida en el siglo siguiente, Santiago de Compostela es una de las zonas urbanas de mayor belleza del mundo, realzada por sus monumentos románicos, góticos y barrocos. Los más antiguos se concentran en torno a la catedral, tumba del apóstol San Santiago, a la que se accede por el magnífico Pórtico de la Gloria».

Historia miniatura|Apóstolo Santiago (Codex Calixtinus, folio 4t).

Corre a seguinte lenda sobre a fundación da Catedral e da cidade de Compostela ó seu redor. Unha vez que Santiago conseguiu botar a tódolos mouros destas terras, decidiu erguer unha catedral. Buscou o mellor sitio ata que atopou unha carballeira que lle pareceu ben. Foi arrincando tódolos carballos, un a un, cunha soa man, ata abrir un claro amplo de abondo. Estendeu unha pelica no chan e marcou os lindes por onde debían facerse os muros, e logo foi colocando pedras sobre o perímetro ata terminar de levantar o templo. Por iso dise que "A vila de Sant-Iago,/ a vila santiaguesa,/ a vila de Sant-Iago/ algún día foi devesa".Lenda recollida por Fermín Bouza-Brey de María Vázquez, do lugar de Moimenta, en Macenda (Boiro), publicada en Nós nº 56, 15.08.1928, 158.

Segundo a tradición católica, o Apóstolo Santiago o Maior difundiu o cristianismo pola Península Ibérica nos anos 36/37 ó 40. No ano 44 foi decapitado en Xerusalén por orde de Herodes Agripa I (fillo de Herodes o Grande) e os seus restos foron trasladados despois a Galicia nunha barca de pedra. A raíz das persecucións romanas dos cristiáns de Hispania, a súa tumba foi abandonada no século III. Sempre segundo a lenda, esta tumba foi descuberta en torno non antes do ano 820 polo ermitán Paio (Pelagius) logo de ver unhas luces estrañas no ceo nocturno. O bispo Teodomiro de Iria recoñeceu este feito como un milagre e informou ao rei Afonso II de Asturias e Galicia; o rei ordenou a construción dunha capela no lugar. Di a lenda que o rei se converteu no primeiro peregrino neste santuario. Esta capela foi seguida por unha primeira igrexa o ano 829 e con posterioridade por unha igrexa prerrománica o 899, construída por orde do rei Afonso III, converténdose gradualmente nun importante lugar de peregrinación.Garrido Torres 2000: p. 100 O ano 997 esta igrexa primitiva foi reducida a cinzas por Almanzor, comandante do exército do califa de Córdoba. As portas e as campás da igrexa, portadas aos ombreiros por cativos cristiáns ata Córdoba, engadíronse á mesquita alxama.Garrido Torres 2000: p. 101 Cando Córdoba foi tomada polo rei Fernando III de Castela en 1236, esas mesmas campás foron recuperadas e transportadas por prisioneiros musulmáns a Toledo, e incluíronse na catedral de Santa María de Toledo.

A construción da actual catedral iniciouse en 1075 baixo o reinado de Afonso VI e o patrocinio do bispo Diego Páez. Unha inscrición na capela do Salvador conmemora o momento: "A los treinta años del milésimo septuagésimo quinto despues de la Encarnación del Señor, en cuyo tiempo se fundó esta iglesia de Santiago". Foi construída segundo o mesmo plano que a igrexa de ladrillo monástica de san Sernín de Tolosa, probabelmente o maior edificio románico de Francia.

A construción detívose en distintas ocasións polo que se establecen tres etapas construtivas. A primeira remata en 1088, cando o bispo Diego Páez foi detido por traizón, o que supón a paralización das obras.

A segunda época comeza cando o conde de Galicia Raimundo de Borgoña nomea bispo a Xelmírez no ano 1100, e dura ata a morte deste en 1140. As obras da catedral reactívanse baixo a dirección do Mestre Estevo, o Mestre de Pratarías. As capelas absidais conságranse en 1105 . Segundo o Códice Calixtino, a última pedra foi colocada en 1122 e a catedral foi consagrada en 1128, sendo os arquitectos «Bernaldino o Vello, un mestre marabilloso», o seu axudante Galperinus Robertus"Os mestres canteiros que comezaron a construción da basílica de Santiago chamábanse don Bernardo o Vello, admirable mestre, e Roberto" (López Pereira, X. Eduardo: Guía medieval do peregrino. Códice Calixtino, libro V. Xerais 1993, p. 139. e, máis tarde, posiblemente «Estevo, mestre de catedrais». Na última etapa «Bernaldino, o Mozo» (que posiblemente era fillo de Estevo) terminaba o edificioGómez Moreno 1947: p. 121, mentres que Galperinus estivo a cargo da coordinación. Tamén construíu unha fonte monumental diante da portada setentrional (da Acibecharía) en 1122.

A terceira e última etapa de construción comeza en 1168 cando o capítulo encarga as obras ao mestre Mateu. Mateu respecta o proxecto inicial e remata a construción dos últimos catro tramos da nave maior, mais a cripta e o Pórtico da Gloria, e a catedral é definitivamente consagrada en abril de 1211,Na páxina web do 800 aniversario da catedral que se celebrou en 2011 estabelécese como data da consagración o 21 de abril de 1211, e existe bibliografía () que cita a mesma data, malia que a Pastoral do Arcebispado de Santiago de Compostela, a raíz do aniversario fala do día 3 , e outros autores () tamén citan ese día como data da consagración. na mañá do xoves da segunda semana de Pascua, polo arcebispo Pedro Muñiz, en presenza do rei Afonso IX e o seu fillo, ademais de numerosas autoridades eclesiásticas e civís.Bravo Lozano 1999: p. 235

A igrexa convértese en sé episcopal en 1075 e, en boa medida grazas ás xestións do bispo Diego Xelmírez e á súa crecente importancia como lugar de peregrinación, Calisto II consolídaa como sé arcebispal en 1120.

Ó longo dos séculos, a catedral foi obxecto de numerosas ampliacións e reformas, tanto no exterior como no interior.

Descubrimento do sepulcro miniatura|upright|Afonso II, primeiro rei que peregrina a Santiago de Compostela e quen mandou construír a súa primeira basílica.

As orixes do culto a Santiago en Gallaecia pérdense nos anais dos tempos. A finais do século VII difúndese polo noroeste da Península Ibérica a lenda de que Santiago o Maior fora enterrado nesas terras, despois de evanxelizalas. Esta idea recóllea na península o tratado De Ortu et Obitu Patrum, de Isidoro de Sevilla e, en Inglaterra o bispo Aldhelmo de Malmesbury."Xacobe, fillo do Cebedeo ... predicou o Evanxeo ós pobos de Hispania e nos lugares occidentais, infundindo a luz da predicación no ocaso do mundo. Morreu ferido a espada polo tetrarca Herodes. Foi sepultado en Marmarica" (Santo Isidoro). "Como primicia do Evanxeo, Santiago converteu coa súa predicación os pobos hispanos" (Adhelmo de Malmesbury). Tamén a recolleron san Xerome e Dídimo o Cego no século IV.

Segundo esta lenda, no ano 813 —outras fontes datan os feitos no primeiro cuarto do século IX—, oito séculos despois da morte do Apóstolo Santiago, un ermitán chamado Pelagius (ou Paio), xunto con outros fieis, veu unhas luces estrañas (fogos fatuos) nas proximidades dun lugar coñecido polo nome de Solovio, nun bosque chamado Libredón, e comunica este feito a Teodomiro, bispo de Iria Flavia.

Despois de tres días de xaxún, o bispo e os seus acompañantes foron ao lugar e descubriron entre as matogueiras un monumento feito de lousas de mármore, unha pequena casa abovedada en ruínas. Nunha cámara no interior había unha tumba marmórea e un altar, polo que non tiveron ningunha dúbida de que se trataba do sepulcro do Apóstolo e dos seus dous discípulos, Atanasio e Teodoro.

O bispo comunicou o achado ao rei de Asturias Afonso II o Casto, que viaxou de inmediato coa súa corte ao lugar e outorgou as terras próximas ao sepulcro ao bispo, máis as súas correspondentes rendas, e mandou construír unha pequena igrexa sobre o cemiterio (compositum), supra corpus apostoli ("enriba do corpo do Apóstolo"), xunto a un baptisterio e outra igrexa dedicada ao Salvador.Flórez, Enrique e Risco, Manuel (1756): España Sagrada: Theatro Geographico-Historico De La Iglesia De España: Tomo XIX. Antonio Marín, páxs. 64-65.

Tempo despois, nun documento datado o 4 de setembro de 834, o rei dicía:

Esta pequena igrexa foi a orixe da catedral de Santiago de Compostela ("Santo Jacobus do compositum"). Outros sosteñen que a palabra Compostela provén de campus stellae, "campo das estrelas", debido ás luces que bailaban sobre o cemiterio.

De feito, nas escavacións realizadas no subsolo da catedral atopouse un mausoleo romano con pavimento de mosaico paleocristián (dos séculos III-IV) e unha lápida que se conserva no mosteiro de Antealtares, coa seguinte inscrición "Dedicado ós deuses manes. Atia Moeta, por disposición testamentaria, fixo colocar este epitafio ó soño eterno de Viria Moeta, a súa boísima neta, falecida ós 16 anos, e dotou o seu propio enterramento". López Ferreiro atopou no centro dos restos das basílicas anteriores á actual unha cripta cuadrangular delimitada por un muro de pedra. Este espazo estaba dividido en dúas partes, nunha había restos dun mosaico con decoración vexetal e alí estaría a tumba do Apóstolo; na outra, moi modificada por reformas posteriores, atopou dúas tumbas de ladrillo que serían as dos seus discípulos.

Igrexa primitiva miniatura|250px|Afonso II de Oviedo (760-842), no Tumbo A da Catedral de Santiago de Compostela. Dada a importancia relixiosa e política do achado, o rei Afonso II mandou construír unha igrexa, pequena e sinxela. Derribou as columnas e construíu un muro preto da arca marmórea en forma de nave de planta rectangular, cunha pequena ábsida, e finalmente cubriu todo cun teitume de madeira.Navascués 1997: p. 219 A igrexa, que respectou a antiga cela do sepulcro, acollía este na cabeceira. Deste primeiro templo só se conserva o lintel da entrada e o arranque dos muros. Parece que tamén existía un baptisterio Parte dunha igrexa ou edificio adxacente onde está a pía bautismal (DRAG). exento, ó norte do templo.

No transcurso dunhas escavacións realizadas o ano 1878 baixo a ábsida da catedral dirixidas polo historiador López Ferreiro, sendo arcebispo de Compostela Miguel Payá y Rico, descubríronse os cimentos do sepulcro primitivo, denominado «Arca marmarica», con restos dun altar que constaba dunha laxe lisa sobre un fuste de pedra tamén liso. Presentaba unha planta duns oito metros por lado, con outro corpo central, máis pequeno e rectangular, construído con grandes perpiaños de pedra e os muros exteriores estaban realizados en cachotería. Tiña un pórtico con columnas e pavimento con laxes de granito; unha orla de mosaico romano rodeaba a tapa do sepulcro.