Santa Mariña de Arcos da Condesa é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Caldas de Reis na comarca de Caldas, ademais dunha das nove entidades locais menores de Galiza. Segundo o padrón municipal en 2013 tiña 439 habitantes (214 homes e 225 mulleres), 15 máis ca en 2004 e 30 menos ca en 1999. Ten nove entidades de poboación.
Historia Debe o seu nome á condesa Munia, filla de Froila Vermúdez, que viviu no lugar de MaránSar, M: "Arcos da Condesa", entrada na Gran Enciclopedia Gallega, tomo 2, páx. 161.. Durante o Antigo Réxime foi un couto, aínda que non chegou a ser concello propio no momento da configuración dos concellos constitucionais.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Arcos da Condesa
Parroquias de Caldas de Reis
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Caldas de Reis
Ligazóns externas Deputación de Pontevedra
Categoría:Parroquias de Caldas de Reis Categoría:Entidades locais menores de Galicia Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Mariña