Santa María de Caldas de Reis é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Caldas de Reis. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 436 habitantes (231 mulleres e 205 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 465 habitantes.
Baldaquino de Colón
Acaroados na parede no interior da igrexa de Santa María hai dous paneis dun baldaquino que se supón constitúe a primeira representación gráfica do descubrimento de América, segundo a hipótese de Filgueira Valverde, formado por dous paneis, un deles con dobre arco, que forman un conxunto de 4,46 m de longo por 50 cm de alto.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Santa María de Caldas de Reis
Parroquias de Caldas de Reis
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Caldas de Reis Bibliografía FILGUEIRA VALVERDE, José e RAMÓN FERNÁNDEZ-OXEA, José: Baldaquinos gallegos. Fundación Pedro Barrié de la Maza, A Coruña 1987.
Categoría:Parroquias de Caldas de Reis Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María Categoría:Parroquias galegas homónimas dentro do mesmo concello