Ariane 6 é unha lanzadeira espacial en fase de desenvolvemento por parte da Axencia Espacial Europea, sendo o membro máis novo da familia de foguetes Ariane. O deseño final foi seleccionado pola ESA en decembro de 2014, favorecendo un núcleo de combustible líquido con grandes propulsores de foguetes sólidos sobre o deseño inicial de combustible sólido .
Descrición do vehículo Ariane 6 estará dispoñible en dúas variantes. O Ariane 62, con dous propulsores sólidos P120C (os mesmos que os Vega) e un peso de 500 toneladas, destinado principalmente para misións gobernamentais e científicas, e o Ariane 64, con catro propulsores P120C e un peso dunhas 800 toneladas, destinado a lanzamentos de satélites comerciais.
Notas
Categoría:Ariane