O Docklands Stadium ou por cuestións de patrocinio Etihad Stadium é un estadio multiúsos localizado no suburbio de Docklands, en Melbourne, Australia. Pódese adaptar para moitos deportes: fútbol australiano, crícket, fútbol, rugby union e rugby league, speedway ou tamén para concertos. O estadio foi inaugurado no ano 2000 e o custo da construción foi de 460 millóns de dóllares australianos. O campo conta a maiores cun teito retráctil.

O campo alberga os partidos de 5 equipos de fútbol australiano da AFL (Essendon Football Club, St Kilda Football Club, North Melbourne Football Club, Western Bulldogs e Carlton Football Club), 1 equipo de fútbol (Melbourne Victory Football Club), 1 equipo de rugby league (Melbourne Storm) e 1 equipo de crícket (Melbourne Renegades). O estadio alberga tamén o Gran Premio de Australia de speedway. No ano 2006, o actual Etihad Stadium albergou os Xogos da Commonwealth.

Véxase tamén

Ligazóns externas Web oficial do estadio (en inglés)

Categoría:Estadios de fútbol australiano Categoría:Melbourne Categoría:Australian Football League