Carlos Folgueira García, nado en Mondoñedo o 17 de marzo de 1937 e finado na Coruña o 2 de agosto de 1993, foi un confeiteiro galego, máis coñecido co alcume do Rei das Tartas, famoso por ser o creador da Torta de Mondoñedo.

Traxectoria Na década de 1950 creou a Torta de Mondoñedo que promovía en feiras e festas ás que asistía vestido de branco co seu grande chapeu de cociñeiro co escudo de Galiza. Foi o director do xornal La Voz de Asturias o que lle puxo o alcume de El Rey de las Tartas co que se fixo famoso. Nos anos 80 e 90 aparecía en programas como Un, Dos, Tres de TVE e na TVG para promover a súa torta.

O negocio familiar foi continuado polo seu fillo Carlos. En 2003 a marca O Rei das Tartas pasou a ser unha franquía de hostalería.

Recoñecementos miniatura|Cafetería O Rei das Tartas no centro comercial Espacio Coruña. Foi nomeado fillo predilecto de Mondoñedo. Cabaleiro da Asociación Maxistral de Gastronomía. Medalla ao mérito turístico a título persoal (1977), Ministerio de Turismo de España. Medalla da Confrérie de la Chaîne des Rôtisseurs, Monsieur Maître de Rôtisseur (París, 1981). Medalla de Galicia 1993 (medalla de bronce).Medallas de Galicia 1993 Bronce Xunta de Galicia. Medalla e título de artesán distinguido da provincia de Lugo. Medalla de prata e título de Señor da Feira de Vilagarcía de Arousa. Diploma de honra na Feira alimentaria de Barcelona.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1937 Categoría:Nados en Mondoñedo Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Medalla de Bronce de Galicia Categoría:Finados en 1993