A Igrexa católica bizantina belarusa, ou Igrexa greco-católica belarusa (en , Bielaruskaja hreka-katalickaja carkva) é unha igrexa particular oriental da Igrexa católica. Até 2023 a Igrexa non tiña xerarquía propia, dependendo da Congregación para as Igrexas Orientais e dos ordinarios latinos, e sendo a atención das necesidades cotiás da mesma responsabilidade dun visitador apostólico para os greco-católicos belarusos, Siarhiej Hajek. O 30 de marzo de 2023 foi erixida a administración apostólica de Belarús.
A Igrexa é unha das sucesoras da aceptación do cristianismo polo gran príncipe Vladimiro o Grande de Kíiv, en 988, e xunto coa Igrexa ucraína é herdeira da Unión de Brest de 1595.
O 1 de outubro de 2017 o arcebispo maior Sviatoslav celebrou a divina liturxia en Minsk, primeira vez que o metropolita de Kíiv-Galicia o facía no territorio de Belarús dende a abolición da Unión de Brest polas autoridades imperiais rusas en 1839.
Organización A Igrexa organízase en Belarús en dous protopresbiterados (equivalentes aos arciprestados latinos): Central-occidental, que abrangue as rexións de Minsk, Brest, Hrodna e a cidade de Minsk, con 13 parroquias. Oriental, que abrangue as rexións de Homieĺ, Mahilioŭ e Viciebsk, con 6 parroquias. Notas
Véxase tamén Bibliografía