miniatura|300px|Mostra de ferrosilicio. O ferrosilicio é o nome das aliaxes de ferro e silicio nas que a proporción de silicio oscila entre o 15 e o 90 % en peso, das que a que contén un 75 % de Si é a máis utiliada.Fichte, Rudolf (2000): "Ferroalloys", en Ullmann's Encyclopedia of Industrial Chemistry.
Os ferrosilicios representan as 3/4 da utilización do silicio metal (agás o SiO2) e o 20 % da produción de ferroaliaxes.
Obtención Existen dou métodos de produción: Produción en alto forno. Os altos fornos caracterízanse polo seu revestimento refractario ácido. O contido en silicio sitúase entre o 10 e o 17 %. Produción en forno de arco eléctrico por redución do SiO2 en presenza de ferro. As materias primas son o cuarzo ou a area e a ferralla, con coque, hulla ou coque de petróleo. O contido en silicio varía do 15 ao 95 %. A electricidade representa do 20 ao 25 % dos custos de produción (8 500 kWh/t de ferrosilicio ao 75 %). O fume do sílice producido recupérase para elaborar betume de alto rendemento xa que aumenta a súa fluidez, a resistencia á compresión (que pasa de 20-40 Mpa a 60-120 MPa) e fai diminuír a súa permeabilidade.
Utilización en siderurxia
O ferrosilicio é un produto destinado á siderurxia, xa que a súa alta densidade e baixo custo fan del un elemento de aliaxe corrente na fabricación de aceiros.
En Galicia Cómpre sinalar que a fábrica da empresa FerroAtlántica en Cee, a de maior antigüidade e cabeceira do complexo industrial Cee-Dumbría, ten unha capacidade anual de produción de 18.000 t de ferrosilicio (ademais doutras ferroaliaxes: 37.000 de silicomanganeso e 5.000 de ferromanganeso, entre outros produtos).FerroAtlántica .
Notas
Véxase tamén Outros artigos Ferroaliaxe FerroAtlántica
Categoría:Aliaxes