Na mitoloxía grega, Cérbero, era o garda das portas do Hades (o inframundo grego), asegurando que os mortos non puidesen saír e que os vivos non puidesen entrar. Era fillo de Equidna e Tifón, e irmán de Ortro. A existencia dun can infernal na entrada dos infernos parece ser que xa estaba presente na mitoloxía indoeuropea orixinal, pois aparece nos mitos doutros pobos indoeuropeos, como é o caso do can Garm na mitoloxía escandinava.
Tiña a forma dun can con tres cabezas e cunha serpe por rabo, ademais dun número incontable de cabezas de serpe nas súas costas.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981. PSEUDO-APOLODORO: Biblioteca mitológica. Tradución e notas de Julia García Moreno. Alianza Editorial 3ª ed. 2016 [a numeración segue a utilizada neste texto].
Categoría:Animais na mitoloxía grega