Agarista é un xénero de arbustos pertencentes á familia Ericaceae. Comprende 52 especies descritas e destas, só 31 aceptadas. en PlantList
Descrición Son arbustos ou árbores. Follas xeralmente alternas, perennes, pecioladas, a nervadura reticulódroma, as marxes enteiras, rara vez unduladas, a serradas, ou serrulada/ciliadas. Inflorescencias xeralmente axilares, racemosas ou paniculadas; brácteas florais rara vez grandes e foliáceas; pedicelos articulados co cáliz; bractéolas normalmente 2, basais a mediais ao longo dos pedicelos. Flores 5-meras, sen aroma, a estivación imbricada; lobos do cáliz libres; corola simpétala, cilíndrica a urceolada; estames 10, iguais, case tan longos como a corola; filamentos distintos, iguais, xeniculados; anteras sen apéndices, dehiscentes por poros elípticos, con tecido de desintegración branco por detrás cerca do ápice; pole sen fíos de viscina; ovario súpero; estilo lixeiramente inchado cerca do ápice e xeralmente lixeiramente exerto. Froitos en cápsulas loculicidas, subglobosas, curtamente ovoides a ovoides, as suturas non engrosadas e sen separarse das valvas na dehiscencia. Taxonomía O xénero foi descrito por D.Don ex G.Don e publicado en A General History of the Dichlamydeous Plants 3: 788, 837–838. 1834. A especie tipo é: Agarista nummularia (Cham.) G.Don
Especies aceptadas A continuación dáse unha lista das especies do xénero aceptadas até febreiro de 2014, ordenadas alfabeticamente. Para cada unha indícase o nome binomial seguido do autor, abreviado segundo as convencións e usos. Agarista albiflora (B.Fedtsch. & Basil.) Judd Agarista angustissima Taub. Agarista boliviensis (Sleumer) Judd Agarista bracamorensis (Kunth) G.Don Agarista chapadensis (Kin.-Gouv.) Judd Agarista chlorantha G.Don Agarista coriifolia (Thunb.) Hook. ex Nied. Agarista duartei (Sleumer) Judd Agarista duckei (Huber) Judd Agarista ericoides Taub. Agarista eucalyptoides (Cham. & Schltdl.) G.Don Agarista glaberrima (Sleumer) Judd Agarista hispidula (DC.) Hook. ex Nied. Agarista mexicana (Hemsl.) Judd Agarista minensis (Glaz. ex Sleumer) Judd Agarista niederleinii (Sleumer) Judd Agarista nummularia (Cham.) G.Don Agarista oleifolia (Cham.) G.Don Agarista organensis (Gardner) Hook. ex Nied. Agarista paraguayensis (Sleumer) Judd Agarista populifolia (Lam.) Judd Agarista pulchella G.Don Agarista pulchra G.Don Agarista revoluta (Spreng.) Hook. ex Nied. Agarista salicifolia (Lam.) G.Don Agarista sleumeri Judd Agarista subcordata (Dunal) Judd Agarista subrotunda G.Don Agarista uleana (Sleumer) Judd Agarista villarrealana L.M.González Agarista virgata Judd Notas
Véxase tamén Bibliografía Davidse, G., M. Sousa Sánchez, S. Knapp & F. Chiang Cabrera. 2009. Cucurbitaceae a Polemoniaceae. 4(1): i–xvi, 1–855. In G. Davidse, M. Sousa Sánchez, S. Knapp & F. Chiang Cabrera (eds.) Fl. Mesoamer.. Universidad Nacional Autónoma de México, México. Forzza, R. C. 2010. Lista de espécies Flora do Brasil https://web.archive.org/web/20100526002559/http://floradobrasil.jbrj.gov.br/2010/. Jardim Botânico do Rio de Janeiro, Rio de Janeiro. Judd, W. S. 1995. 13. Lyonia Nuttall; 14. Agarista D. Don ex G. Don; 15. Pieris D. Don. Fl. Neotrop. 66: 222–350. Schatz, G. E., S. Andriambololonera, Andrianarivelo, M. W. Callmander, Faranirina, P. P. Lowry, P. B. Phillipson, Rabarimanarivo, J. I. Raharilala, Rajaonary, Rakotonirina, R. H. Ramananjanahary, B. Ramandimbisoa, A. Randrianasolo, N. Ravololomanana, Z.S. Rogers, C.M. Taylor & G. A. Wahlert. 2011. Catalogue of the Vascular Plants of Madagascar. Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 0(0): 0–0. Stevens, W. D., C. Ulloa Ulloa, A. Pool & O. M. Montiel Jarquín. 2001. Flora de Nicaragua. Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 85: i–xlii,. Zuloaga, F. O. 1997. Catálogo de las plantas vasculares de la Argentina. Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 74(1–2): 1–1331. Ligazóns externas
Categoría:Ericaceae