O CEIP Ramón Cabanillas é un centro pertencente á rede pública de colexios da Xunta de Galicia, situado en Santiago de Compostela. Nel impártense clases de educación infantil (de 3 a 5 anos) e de educación primaria (de 6 a 12 anos). Leva o nome do escritor Ramón Cabanillas.
Está situado no barrio de Pontepedriña, na rúa de Jose Antonio Souto Paz. Comezou o seu funcionamento no curso 2010/2011 agrupando o anterior CEIP Ramón Cabanillas e o CEIP Colexiata de Sar.
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina do colexio Ramón Cabanillas
Ramón Cabanillas Categoría:Institucións de ensino de Santiago de Compostela