Paul Hinder, nado o 22 de abril de 1942 en Bussnang (Suíza), é un eclesiástico católico latino suízo, actual vigairo apostólico de Arabia meridional dende 2005.
Traxectoria Paul Hinder naceu o 22 de abril de 1942 en Lanterswil, unha vila dende 1996 parte do concello de Bussnang, na diocese de Basilea, en Suíza. O 18 de setembro de 1966 profesou como relixioso capuchino, e o 4 de xullo de 1967 foi ordenado sacerdote.
O 12 de decembro de 2003 foi nomeado bispo auxiliar da vigairía apostólica de Arabia e bispo titular de Macon. Recibiu a consagración episcopal o 30 de xaneiro de 2004 de mans do cardeal Crescenzio Sepe, prefecto da Congregación para a Evanxelización dos Pobos, e tivo como co-consagradores principais ao nuncio Giuseppe De Andrea e ao vigairo apostólico de Arabia Giovanni Bernardo Gremoli.
O 21 de marzo de 2005 foi nomeado vigairo apostólico de Arabia, dende 2011 vigairía apostólica de Arabia meridional.
O 13 de maio de 2020 foi nomeado por Francisco administrador apostólico da vigairía apostólica de Arabia setentrional, logo do pasamento de Camilo Ballin. Obra
Notas
Categoría:Nados en 1942 Categoría:Nados no cantón de Turgovia Categoría:Bispos católicos dos Emiratos Árabes Unidos Categoría:Bispos católicos do Iemen Categoría:Bispos católicos de Omán Categoría:Bispos católicos de Suíza Categoría:Bispos da Igrexa católica latina Categoría:Capuchinos Categoría:Relixiosos católicos de Suíza Categoría:Bispos católicos do século XXI