Marea Veciñal de Culleredo (MVC) é un movemento cidadán e político creado no concello de Culleredo que se presentou ás eleccións municipais de maio de 2015, na que obtivo 3 concelleiros.
Historia Tras un proceso de primarias abertas saíu elixida a seguinte candidatura: Encabezou a lista José Juan SantosJosé Juan Santos, candidato da Marea Veciñal., ex-membro orgánico do PSOE de Culleredo que abandonou a militancia dous anos antes da formación da MVC. A número 2, Marta Leiro Novo, ex secretaria da Asociación de Veciños Río Trabe, e o número 3 da lista foi Isidro TaiboEl ex número dos del BNG de Culleredo, tercero en la candidatura de Marea Veciñal., ex-concelleiro do BNG e que exerceu como concelleiro de turismo até a ruptura do pacto co PSOE, dous anos antes da súa incorporación a MVC.
En decembro de 2015 Marta Leiro Novo dimitiu por motivos persoais, entrando como concelleira Verónica Rivadulla Deschamps. Posteriormente esta concelleira, a pesar de ser un tema debatido e acordado en asemblea, abandonou o grupo municipal sen deixar a súa acta, alegando non estar de acordo co apoio que se ía a dar aos orzamentos municipais. Tras ser declarada no concello como tránsfuga, o grupo municipal da Marea Veciñal de Culleredo pasa a estar formado por dous concelleiros.
Nas Eleccións municipais de 2019 MVC perdeu a representación na coorporación municipal, obtendo só 694 votos, o 4,91% do total.
Resultados electorais ElecciónsVotos %Concelleiro(s)Eleccións municipais de 2015166812,58% Eleccións municipais de 20196944,91%
Notas
Véxase tamén Outros artigos Betanzos Novo Marea Atlántica Asemblea Cidadá de Cambre
Categoría:Forzas políticas de Galicia Categoría:Culleredo Categoría:Artigos de Galicia sen imaxes