Gabriele Salvatores, nado en Nápoles o 30 de xullo de 1950 é un director e guionista italiano.

Traxectoria Salvatores debutou en 1972 como director teatral, fundando o Teatro dell'Elfo en Milán para o que dirixiu obras vangardistas ata 1989. Ese ano dirixiu o seu primeiro filme, Marrakech Express. En 1991 logrou recoñecemento internacional por Mediterraneo, que gañou o Oscar ao mellor filme en lingua non inglesa.

Os principais temas dos guións de Salvatores son a fuxida dunha realidade que non pode ser aceptada ou entendida, a nostalxia polos amigos e as viaxes que non acaban nunca. Porén, en 1997 comezou un período experimental con Nirvana.

Filmografía Sogno di una notte d'estate (1983) Kamikazen - Ultima notte a Milano (1987) Marrakech Express (1989) Turné (1990) Mediterraneo (1991) Puerto Escondido (1992) Sud (1993) Nirvana (1997) Denti (2000) Amnèsia (2002) Io non ho paura (2003) Quo Vadis, Baby? (2005) Come Dio comanda (2008) Happy Family (2010) Educazione siberiana (2012) Italy in a Day (2014) Il ragazzo invisibile (2014)

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Directores de cinema de Italia Categoría:Nados en Nápoles Categoría:Nados en 1950