Fernando I de Bulgaria, nado en Viena o e finado en Coburgo o , foi príncipe e máis tarde tsar de Bulgaria. Durante o seu longo reinando, Bulgaria proclamou a súa independencia do Imperio Otomán e participou en diversas guerras para ampliar o seu territorio. Viuse forzado a abdicar trala derrota do seu país na primeira guerra mundial en 1918 e dende entón viviu no exilio ata a súa morte en 1948.
Traxectoria Primeiros anos Fernando naceu en Viena e era príncipe da familia ducal dos Saxonia-Coburgo e Gotha. Era fillo de Augusto de Saxonia-Coburgo e Gotha (1818-1881) e de Clementina de Orleáns (1817-1907), e por tanto, sobriño neto de Ernesto I de Saxonia-Coburgo e Gotha, duque de Saxonia Coburgo, e de Leopoldo I, primeiro rei dos belgas. O seu pai era tamén irmán do príncipe consorte de Portugal, e curmán da raíña Vitoria do Reino Unido e do seu marido Alberte de Saxonia. Foi neto de Lois Filipe I de Francia e curmán da emperatriz Carlota de México. A familia ducal da que procedía Fernando ascendera ao trono de diversos países europeos e Fernando fixo o propio no Principado de Bulgaria.
Fernando foi proclamado príncipe rexente de Bulgaria o 7 de xullo de 1887, dez meses despois da abdicación do seu predecesor, Alexandre I de Bulgaria.
O goberno do país estivo controlado, porén, polo liberal Stefan Stambolov, quen impulsou as relacións co Imperio Ruso.
Príncipe de Bulgaria Fernando tiña gran poder na política nacional grazas ao poder encargar o Goberno a un ou a outro partido.Hall (1996), p. 10 Rusófobo, a sorte do seu predecesor no trono búlgaro agudizou esta tendencia. Apoiou o ideal nacionalista de expansión territorial,Hall (1996), p. 329 incluso se isto requiría apoiar ao Gobernos rusófilos afastados das súas preferencias persoais.Hall (1996), p. 330
En 1897, o acordo austro-ruso polo que as dúas potencias acordaron defender a situación nos Balcáns ante calquera intento de cambio frustrou as manobras de Fernando, que necesitaba o antagonismo entre o Imperio Austro-Húngaro e o Imperio Ruso para avanzar cara aos seus obxectivos en política exterior: o pacto entre elas paralizou a Fernando.Constant (1980), p. 199 Os seus maiores éxitos en política exterior debéronse ao aproveitamento da rivalidade das dúas nacións, aínda que os seus constantes cambios de aliñamento entre as dúas granxeáronlle críticas de inconstancia nas súas alianzas. A paralización de cambios territoriais nos Balcáns imposto polo pacto exacerbou o malestar na rexión, especialmente pola situación en Macedonia, baixo domino otomán, zona de gran mestura de culturas e obxectivo dos países veciños. Esta rexión concentrou a actividade de Fernando e de Bulgaria nos anos seguintes e levou a disputas coas nacións veciñas.Constant (1980), p. 200 A chegada de decenas de miles de refuxiados macedonios durante a década de 1890, a abundancia de macedonios na capital búlgara (arredor da metade da poboación), a desconformidade dos búlgaro-macedonios coas fronteiras trazadas no Congreso de Berlín de 1878 e a formación de organizacións para lograr o fin da soberanía otomá na rexión influíron na política búlgara da época. O crecemento do descontento e a oposición das potencias a calquera cambio puxeron en dificultades a Fernando.Constant (1980), p. 202
En 1899 substituíu o rusófilo Stoilov polo austrófilo Dimitar Grekov, o que lle valeu a reconciliación coa corte austrohúngara e ser recibido con honras en Viena. Poucos meses despois, porén, Grekov deu paso a un novo ministro favorable a Rusia cando Fernando comezou a idear o seu casamento cunha gran duquesa rusa. Para entón o control da política búlgara permitía a Fernando controlar aos partidos políticos e cambiar os Consellos de Ministros ao se antollo, de acordo ao que consideraba as necesidades da política exterior do país.Constant (1980), p. 203 A súa grande habilidade diplomática, as súas conexións coa nobreza europea, a súa intelixencia e ambición eran recoñecidas, por outra parte, polos políticos búlgaros, que os consideraban beneficiosos para as súas aspiracións no exterior. Pola outra banda, Fernando tamén mostraba defectos como gobernante: era un mediocre administrador ao que lle aburría a xestión do día a día, as finanzas, tiña unha tendencia a malgastar os cartos e os seus coñecementos militares e inclinación pola guerra eran nulos.Constant (1980), p. 208 Fernando prefería a diplomacia á forza.
En agosto de 1903, un levantamento antiturco en Macedonia fracasou e foi reprimido con dureza polas autoridades, o que causou a chegada doutros 30 000 refuxiados a Bulgaria.Constant (1980), p. 206 As potencias impuxeron un programa de reformas na rexión para tratar de calmar a situación mentres que Fernando víase cada vez máis premido para declarar a guerra ao Imperio Otomán. Pola outra banda, a derrota rusa na guerra co Xapón levou a un novo goberno en Sofía, esta vez favorable a Viena.
En xaneiro de 1908, Fernando anunciou o seu compromiso coa princesa alemá Leonor Reuss-Köstritz, un ano maior e coñecida polo seu traballo coa Cruz Vermella en Manchuria durante a guerra ruso-xaponesa. Críase que aceptara casar con Fernando pola posibilidade de realizar obras de caridade e mellorar o funcionamento dos hospitais búlgaros.Constant (1980), p. 211 A voda celebrouse dúas veces, unha segundo o rito católico e outra segundo o ortodoxo. O matrimonio, desde o punto de vista de Fernando, debía servir para lograr unha esposa que cuidase dos seus catro fillos, o acompañase nos actos oficiais, e se encargase das obras benéficas da casa real, sen requirir afecto nin atencións.Constant (1980), p. 210
Tsar de Bulgaria Fernando converteuse en tsar de Bulgaria trala declaración de independencia do Imperio Otomán o 5 de outubro de 1908, durante a crise bosníaca.Constant (1980), p. 221 A declaración foi proclamada na Igrexa dos Santos Corenta Mártires en Tírnovo. Era o título tradicional dos soberanos búlgaros desde o recoñecemento de Simón I de Bulgaria como emperador polo Papa no ano 926.Constant (1980), p. 222 A anexión de Bosnia por Austria-Hungría ao día seguinte e o desgusto ruso por non obter a apertura dos estreitos do Mar Negro a cambio acabou coa cooperación austro-rusa na rexión e acabou co equilibrio político que se mantivera desde 1897. De novo grazas á rivalidade entre as dúas potencias, Fernando logrou que Rusia pagase a súa indemnización ao Imperio pola súa declaración de independencia (que o Imperio exixía como compensación pola perda da provincia) para tratar de recuperar a súa influencia sobre Bulgaria, mentres que o Goberno de Viena lle concedeu un importante préstamo en decembro para contrarrestar a manobra rusa.Constant (1980), p. 228 Fernando, porén, seguiu sen aliarse claramente con ningunha das dúas partes.
As Guerras Balcánicas
Tralo recoñecemento do seu novo título por Rusia, o Imperio Otomán e paulatinamente polas demais potencias, a principal preocupación de Fernando volveu ser a situación en Macedonia.Constant (1980), p. 231 En 1911, ante a ineficacia das reformas, un novo gabinete rusófilo presidido por Ivan Evstratiev Geshov tomou posesión e comezou a negociar con Serbia e Grecia sobre posibles accións contra o Imperio Otomán.Constant (1980), p. 246 O Goberno cambiou a constitución para que o monarca puidese subscribir pactos secretos, sen a aprobación das Cortes búlgaras, o que garantía o segredo da diplomacia de Fernando.Constant (1980), p. 247
As rápidas vitorias búlgaras na Primeira Guerra Balcánica entusiasmaron ao pouco marcial Fernando, que se viu como o liberador de Constantinopla dos turcos.Constant (1980), p. 259 As discrepancias cos seus aliados levaron a Fernando e ao seu Goberno a solicitar a mediación rusa, para desgusto de parte da opinión pública, que prefería a guerra para lograr o control de Macedonia.Constant (1980), p. 279 Os mandos búlgaros tamén aconsellaban o ataque.
Finalmente, o comandante en xefe deu a orde de atacar as liñas gregas e serbias o 28 de xuño, co apoio de Fernando, pero sen o do Goberno. A Segunda Guerra dos Balcáns (outubro de 1912-xullo de 1913) rematou coa derrota de Bulgaria fronte a Serbia, Grecia e Romanía, debendo ceder varias ganancias territoriais que conseguira a costa do Imperio Otomán durante a Primeira Guerra dos Balcáns, así como o territorio de Dobrudja, que pasou a Romanía. A derrota militar minou notablemente a popularidade de Fernando.Hall (1996), p. 263 A derrota menoscabou a principal vantaxe política de Fernando na política europea: a flexibilidade que lle acercara ora a Austria-Hungría, ora a Rusia.Constant (1980), p. 290 O seu desexo de destruír Serbia e anular as consecuencias do Tratado de Bucarest forzábanlle a aliñarse cos austro-húngaros, pois os rusos eran os principais aliados de Serbia. No inverno de 1913, de visita en Viena, Fernando tratou de lograr a alianza austrohúngara en van. O asasinato do herdeiro austrohúngaro en Saraxevo no verán de 1914, inverteu os papeis: foron a partir de entón os austrohúngaros quen, unha vez logrado o apoio alemán ao seu ultimato a Serbia e decididos a acabar con esta, buscaron con insistencia a alianza con Bulgaria.Constant (1980), p. 295 Durante a crise do verán que levou á guerra, Fernando evitou comprometerse cos austro-húngaros e mantivo durante o primeiro ano do conflito a súa neutralidade co obxectivo de que a guerra axudase a Bulgaria a rescindir o Tratado de Bucarest.Constant (1980), p. 296
Primeira guerra mundial
miniatura|dereita|250px|Fernando xunto aos outros soberanos das Potencias Centrais ás que aliouse durante a primeira guerra mundial. O 11 de outubro de 1915 o Exército búlgaro atacou Serbia despois de asinar un tratado de alianza co Imperio alemán, o Imperio Austrohúngaro e o Imperio Otomán, provocando a entrada do país na primeira guerra mundial. Ao principio Bulgaria derrotou a Serbia e apoderouse do territorio en disputa de Macedonia. Porén, nos dous anos seguintes, o exército búlgaro viuse obrigado a pasar á defensiva fronte aos exércitos Aliados situados en Grecia. Unha parte do Exército búlgaro participou na invasión e conquista do Reino de Romanía en 1916, recuperando así o territorio de Dobrudja.
En 1917 Fernando mostrouse contrario ao plan alemán de desencadear unha guerra submarina total e expresou a súa preferencia por unha paz inmediata mediante concesións alemás a Francia.Constant (1980), p. 308 Para entón Fernando desexaba o fin do conflito e sucedéronse os contactos oficiosos cos Aliados, probablemente coa anuencia daquel. Era consciente ao tempo da ameaza de invasión alemá en caso de asinar un paz por separado coa Entente.
A finais de 1918, co curso da guerra claramente a favor dos Aliados, o Exército búlgaro foi derrotado na fronteira de Grecia.Hall (1996), p. 327 No 25 de setembro, aceptou a liberación do dirixente agrario Alexandre Stamboliski, ao que solicitou que utilizase a súa influencia para acougar ás tropas, que marchaban sobre a capital.Constant (1980), p. 312 A ambigua mediación de Stamboliski foi un fracaso pero a revolución fracasou. Ese mesmo día consentía en que o gabinete enviase unha delegación para negociar un armisticio cos Aliados, que acabou asinándose o 29 do mes en Salónica. Trala derrota, o rei Fernando I abdicou o 3 de outubro de 1918 no seu fillo Boris III e partiu ao exilio en Coburgo a noite seguinte. Nun xesto característico, antes de partir ao estranxeiro visitou os seus invernadoiros e xardíns de Vrana, onde capturou unha rara bolboreta.
Bulgaria rendeuse aos Aliados e tivo que ceder os territorios conquistados durante a guerra e a súa saída ao mar Exeo polo Tratado de Neuilly.
Exilio e morte Fernando nos xardíns de Coburgo durante o seu exilio.|miniatura|right