Santa Mariña das Fragas é unha parroquia que se localiza no sur do concello do Campo Lameiro. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 605 habitantes (299 mulleres e 306 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 658 habitantes.
Patrimonio A igrexa parroquial de Santa Mariña das Fragas conserva a fachada románica (do século XII), estando completamente reformado o resto do templo. Sobre a porta existe un sinxelo tímpano no que se representa a un bispo bendicindo ós fieis, acompañado dunha figura cunha cruz e outra cos evanxeos.
No territorio desta parroquia atópase un dos numerosos complexos de petróglifos que existen no Campo Lameiro. Denomínase a Pedra da Boullosa e posúe abondosas insculturas de animais (entre os que destaca unha serpe de case 5 metros de lonxitude), círculos e cazoletas. Tamén pode verse unha figura humana cun pau na man dereita.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares das Fragas
Parroquias do Campo Lameiro
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares do Campo Lameiro
Categoría:Parroquias do Campo Lameiro Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Mariña