O Premio Passo Fundo Zaffari & Bourbon de Literatura foi un premio literario brasileiro creado en Passo Fundo, no Estado de Río Grande do Sur, destinado a distinguir obras de narrativa novelística publicadas orixinalmente en lingua portuguesa. Foi concedido cada dous anos entre 1999 e 2013 no marco das Jornadas Nacionais de Literatura, organizadas desde 1981 pola Universidade de Passo Fundo (UPF) e o goberno municipal (prefeitura).

A creación do premio anunciouse na 7ª Jornada de Literatura. O premio distribúe de forma bianual 150 000 R$ en premios.

Autores premiados

1ª edición (1999) Sinval Medina- Tratado da altura das estrelas; 2ª edición (2001) António Torres- Meu querido caníbal e Salim Miguel- Nur na escuridão;En 2001 o premio foi dividido entre dous autores 3ª edición (2003) Plínio Cabral- O riso da agonia; 4ª edición (2005) Chico Buarque- Budapeste; 5ª edición (2007) Mia Couto- O outro pé da sereia; 6ª edición (2009) Cristovão Tezza- O filho eterno; 7ª edición (2011) João Almino- Cidade Livre; 8ª edición (2013) Ana Maria Machado- Infâmia.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Literatura en lingua portuguesa

Categoría:Cultura do Brasil