Luis Milla Aspas, nado en Teruel o 12 de marzo de 1966, é un exfutbolista e actual adestrador profesional de fútbol español. Como xogador desenvolvíase na posición de medio defensivo, tendo sido xogador do FC Barcelona, Real Madrid e Valencia CF, así como internacional coa selección española. Como adestrador destaca a súa traxectoria nas categorías inferiores da selección española, onde gañou a Eurocopa e os Xogos do Mediterráneo. Actualmente adestra á selección de Indonesia. En 1999, fixo unha incursión na política presentándose polo Partido Aragonés (PAR) ás eleccións municipais do 13 de xuño na súa cidade natal.

Traxectoria Como xogador Formouse na canteira do F. C. Barcelona e alcanzou o primeiro equipo no ano 1988, aínda que xa debutara na tempada 1984-85, á idade de dezaoito anos, contra o Real Zaragoza. Tras consolidarse no Barcelona e ser convocado para xogar con , en 1990 fichou polo Real Madrid C.F., onde xogou até 1997. Disputou os últimos anos da súa carreira para o Valencia C.F. ata que se retirou no ano 2001. En doce tempadas en Primeira División anotou seis goles: dous co Barcelona, tres co Real Madrid e un co Valencia.

Como adestrador Adestrou a U.D. Puçol na tempada 2006-07 conseguindo un 12.º posto en Terceira División, unha das mellores tempadas da historia do equipo valenciano. Ao finalizar a tempada foi chamado por Michael Laudrup para que fose o seu segundo adestrador no Getafe Club de Fútbol da Primeira División. Posteriormente, traballou na Real Federación Española de Fútbol como técnico nas categorías inferiores, onde destacou como adestrador da selección sub-21.

En febreiro de 2013, firma co Al Jazira, segundo clasificado do campionato dos Emiratos Árabes Unidos, regresando aos bancos tras a amarga experiencia nos Xogos Olímpicos de Londres, onde non logrou conducir á selección española máis aló da primeira fase. Foi destituído o 25 de outubro. O 8 de xuño de 2015 confírmase a súa incorporación como adestrador Club Deportivo Lugo da Segunda División cun contrato de tres temporadas. Porén, o 24 de febreiro renuncia ao posto por motivos persoais, sendo substituído no cargo por José Durán.

Equipos Xogador AnoClubDivisiónPartidosGoles1984-1985FC BarcelonaPrimeira111986-1987FC Barcelona BSegunda501987-1988FC Barcelona BSegunda3551988-1989FC BarcelonaPrimeira2801989-1990FC BarcelonaPrimeira2511990-1991Real MadridPrimeira601991-1992Real MadridPrimeira3601992-1993Real MadridPrimeira2131993-1994Real MadridPrimeira3101994-1995Real MadridPrimeira2001995-1996Real MadridPrimeira3201996-1997Real MadridPrimeira1901997-1998Valencia CFPrimeira3001998-1999Valencia CFPrimeira3111999-2000Valencia CFPrimeira1202000-2001Valencia CFPrimeira60

Palmarés Xogador Barcelona Copa da UEFA: 1988–89 Liga española: 1984–85 Copa do Rei: 1989–90

Real Madrid Liga española: 1994–95, 1996–97 Copa do Rei: 1992–93 Supercopa de España: 1990, 1993

Valencia Copa do Rei: 1998–99 Supercopa de España: 1999 Copa Intertoto: 1998

Adestrador España sub-21 Eurocopa da UEFA Sub-21: 2011

España sub-20 Xogos Mediterráneos: 2009

España sub-19 Eurocopa da UEFA Sub-19: Subcampión 2010

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do adestrador en bdfutbol.com

Categoría:Nados en 1966 Categoría:Nados en Teruel Categoría:Futbolistas de Aragón Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do FC Barcelona B Categoría:Xogadores do FC Barcelona Categoría:Xogadores do Real Madrid CF Categoría:Xogadores do Valencia CF Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España Categoría:Adestradores de fútbol de España Categoría:Adestradores do CD Lugo Categoría:Adestradores do Real Zaragoza Categoría:Adestradores da selección de fútbol de España sub-21 Categoría:Adestradores da selección de fútbol de España sub-23 Categoría:Adestradores da selección de fútbol de Indonesia