Santa María de Darbo é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cangas de Morrazo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 7.407 habitantes (3.677 homes e 3.730 mulleres) distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 6.112 habitantes.
Patrimonio A igrexa de Santa María de Darbo é de estilo barroco. Preto da praia de Santa Marta atópanse os restos da ermida de Santa Marta. Na parroquia áchanse o IES Monte Carrasco e o IES María Soliño, ambos os dous institutos públicos de ensino secundario obrigatorio. Tamén está na parroquia o colexio público CEIP San Roque de Darbo, e o concertado Eduardo Pondal.
Tradición Na parroquia realízase o 8 de setembro a danza e contradanza de Darbo, danza ancestral con orixe polo menos no século XVI.Danzas ancestrais de Darbo Foi recuperada entre os anos 1985 e 1986 despois de anos sen bailala por mor do franquismo. Esta Danza e Contradanza de Darbo enmárcase no conxunto da Romaría de Darbo, que se celebra entre os días 6 e 9 de setembro.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Darbo
Parroquias de Cangas de Morrazo
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Cangas de Morrazo
Categoría:Parroquias de Cangas de Morrazo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María