miniatura|Logo do Bachfest Leipzig. O Bachfest Leipzig (en galego Festival Bach de Leipzig) é un festival de música que se celebra anualmente na cidade de Leipzig (Saxonia, Alemaña), onde J. S. Bach traballou como Thomaskantor dende 1723 ata a súa morte en 1750.
Historia A cidade acolleu por primeira vez o festival en 1904, organizado pola Neue Bachgesellschaft, e despois formalmente dende 1908. Frecuentemente faise referencia ao festival como Bachwochen (Semanas de Bach) ou Bachtage (Días de Bach). Dende 1999, o festival é organizado polo Bach-Archiv en representación da cidade de Leipzig, que para cada edición propón un tema diferente.
Cada ano hai aproximadamente 100 eventos individuais durante o Bachfest, que comeza co concerto de inauguración dirixido por quen ostente o cargo de Thomaskantor nese momento (actualmente Georg Christoph Biller). O concerto final tradicionalmente é unha interpretación da Misa en si menor de Bach na Thomaskirche (Igrexa de Santo Tomás) de Leipzig.
Temas 2004: «Bach und die Romantik» (Bach e a era romántica) 2005: «Bach und die Zukunft» (Bach e o futuro) 2006: «Von Bach zu Mozart» (De Bach a Mozart) 2007: «Von Monteverdi zu Bach» (De Monteverdi a Bach) 2008: «Bach und seine Söhne» (Bach e os seus fillos) 2009: «Bach – Mendelssohn – Reger» 2010: «Bach – Schumann – Brahms» 2011: «...nach italienischem Gusto» (... ao gusto italiano). 2012: «...eine neues Lied – 800 Jahre Thomana» (unha nova canción - 800 anos do Thomanerchor). 2013: «Vita Christi» (Vida de Cristo). 2014: «Die wahre Art» (A verdadeira arte). 2015: «So herrlich stehst du, liebe Stadt!»'' (Tan marabillosa estás, querida cidade!)
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista de Festivais Bach
Ligazóns externas O Bachfest Leipzig no sitio web do Bach-Archiv
Categoría:Festivais de música clásica de Alemaña Categoría:Festivais Bach Categoría:Johann Sebastian Bach