Paraplagusia é un xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos cinoglósidos e subfamilia dos cinoglosinos.
O xénero comprende seis especies propias da rexión Indo-Pacífica, onde se encontran comunmente en augas pouco profundas sobre fondos lamacentos ou areosos. A especie máis grande alcanza os 35 cm de lonxitude.Froese, Rainer, and Daniel Pauly, eds. (2012): Especies de Paraplagusia en FishBase.
Taxonomía O xénero foi creado en 1865 polo naturalista e ictiólogo neerlandés Pieter Bleeker.Paraplagusia Bleeker, 1865 no WoRMS.
Sinónimos Ademais de polo nome Paraplagusia, o xénero foi coñecido polo sinónimo Rhinoplagusia Bleeker, 1870.
Especies Na actualidade no xénero recoñécense as seguintes 6 especies: Paraplagusia bilineata (Bloch, 1787) Paraplagusia blochii (Bleeker, 1851) Paraplagusia guttata (Macleay, 1878) Paraplagusia japonica (Temminck & Schlegel, 1846) Paraplagusia longirostris Chapleau, Renaud & Kailola, 1991 Paraplagusia sinerama Chapleau & Renaud, 1993
Porén, algúns autores consideran unha especie máis, Paraplagusia unicolor (Macleay, 1881),Paraplagusia Bleeker, 1865 no ITIS. mentres que outros, como Kottelat, cambian o nome de Paraplagusia blochii (Bleeker, 1851) polo de Paraplagusia bleekeri Kottelat, 2013.Kottelat, M. (2013): "Nomenclature and identity of the tongue soles Paraplagusia bilineata, "Cynoglossus bilineatus" and Paraplagusia blochii (Teleostei: Pleuronectiformes) . The Raffles Bulletin of Zoology, 61 (2): 763–766.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Moyle, P. & J. Cech (2000): Fishes: An Introduction to Ichthyology, 4a. edición, Upper Saddle River, New Jersey, EUA: Prentice-Hall. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
Outros artigos Pleuronectiformes Cinoglósidos Cinoglosinos
Ligazóns externas Paraplagusia na EOL. Informacións, im axes e mapas de distribución .
Categoría:Pleuronectiformes