Os Xogos Europeos de 2015 tamén denominados Bacú 2015 foron a edición inaugural dos Xogos Europeos, un evento multideportivo disputado entre atletas dos Comités Olímpicos Nacionais de Europa. Os xogos dispútanse na cidade de Bacú, Azerbaidján entre os días 12 e 28 de xuño de 2015. Este evento citou a máis de 6.000 atletas dos diferentes Comités Olímpicos Nacionais do continente europeo para competir en 253 eventos de 20 deportes diferentes.

Proceso de selección A selección da cidade anfitrioa tomouse na 41º Asemblea do EOC en Roma, o 8 de decembro do 2012. A decisión foi resultado dunha votación na que a única candidatura que había era a da cidade acerbaixana. Houberon 48 votos, dos cales 38 foron a favor, 8 en contra e 2 en abstención. Os representantes de Armenia negáronse a tomar parte na votación.

Sedes Os xogos terán lugar en tres zonas principais: a da Vila Olímpica, a da Cidade e da Praza da Bandeira.

Zona da Vila Olímpica

Estadio Nacional de Bacú. Ten unha capacidade de 68.000 espectadores. Acolleu as cerimonias de inauguración e de clausura e o atletismo. National Gymnastics Arena. Ten unha capacidade de 6.862 espectadores. Acolleu todas as competicións de ximnasia.

Zona da cidade 300px|thumb|O Estadio Tofiq Bahramov foi sede do tiro con arco. Baku Sports Hall. Ten unha capacidade de 1.700 espectadores. Acolleu o bádminton e o tenis de mesa. Estadio Tofiq Bahramov. Ten unha capacidade de 31.200 espectadores. Acolleu o tiro con arco. Heydar Aliyev Arena. Ten unha capacidade de 7.700 espectadores. Acolleu o judo, a loita e o sambo.

Zona da Praza da Bandeira 300px|thumb|Ao fondo o Baku Crystal Hall de noite. Centro Acuático de Bacú. Ten unha capacidade de 6.000 espectadores. Acolleu a natación, os saltos e a natación sincronizada. Water Polo Arena. Ten unha capacidade de 2.400 espectadores. Acolleu o wáter-polo. Beach Arena. Ten unha capacidade de 3.900 espectadores. Acolleu o fútbol praia e o volei praia. Basketball Arena. Ten unha capacidade de 2.500 espectadores. Acolleu o baloncesto 3x3. Baku Crystal Hall. Está dividido en varios pavillóns. Ten unha capacidade de 6.000 espectadores para o voleibol, de 3.400 espectadores para o boxeo e de 2.000 espectadores para a esgrima, o karate e o taekwondo.

Outros lugares Baku Shooting Centre. Ten unha capacidade de 500 espectadores. Acolleu o tiro. Mountain Bike Velopark. Ten unha capacidade de 1.670 espectadores. Acolleu o ciclismo de montaña. BMX Velopark. Ten unha capacidade de 1.600 espectadores. Acolleu o BMX. Praia Bilgah. Acolle o tríatlon. Mingachevir. Ten unha capacidade de 1.300 espectadores. Acolleu o piragüismo.

Participantes Arredor duns 6.000 atletas de 50 Comités Olímpicos Nacionais competiron no evento. Esta foi a primeira ocasión na que Kosovo competiu nun evento olímpico. Os deportistas de Xibraltar e das Illas Feroe competiron baixo a bandeira da EAA e da LEN.

Albania (28) Alemaña (270) Andorra (31) Armenia (25) Austria (143) Azerbaidján (290) Belarús (152) Bélxica (118) Bosnia e Hercegovina (56) Bulgaria (127) Croacia (106) Chipre (23) Dinamarca (65) Eslovaquia (178) Eslovenia (83) España (215) Estonia (58) Finlandia (106) Francia (250) Gran Bretaña (160) Grecia (138) Hungría (201) Islandia (19) Irlanda (62) Israel (141) Italia (287) 20px Kosovo (18) Letonia (67) Liechtenstein (10) Lituania (74) Luxemburgo (61) Macedonia (45) Malta (61) Moldova (87) 20px Mónaco (6) Montenegro (55) Noruega (57) Países Baixos (120) Polonia (212) Portugal (100) República Checa (130) Romanía (147) Rusia (359) San Marino (18) Serbia (134) Suecia (75) Suíza (130) Turquía (191) Ucraína (246) Xeorxia (105)

Calendario Nestes xogos europeos disputáronse 253 competicións correspondentes a 20 deportes. Na seguinte táboa amósanse as datas de cada competición, así como o número de finais que se disputaron cada xornada.

Evento Ven12 Sáb13 Dom14 Lun15 Mar16 Mér17 Xov18 Ven19 Sáb20 Dom21 Lun22 Mar23 Mér24 Xov25 Ven26 Sáb27 Dom28 TOT Inauguración 20px Atletismo 2 2 20px Bádminton 2 3 5 20px Baloncesto 3x3 2 2 20px Boxeo 5 5 5 15 20px Ciclismo 2 2 1 1 2 8 20px Esgrima 2 2 2 3 3 12 20px Fútbol praia 1 1 20px Judo 5 6 5 2 18 20px Karate 6 6 12 20px Loita 2 2 2 2 3 3 24 20px Natación 7 8 9 7 11 42 20px Natación sincronizada 2 2 4 20px Piragüismo 5 10 15 20px Saltos de trampolín 2 2 2 2 8 20px Sambo 8 8 20px Taekwondo 2 2 2 2 8 20px Tenis de mesa 2 2 4 20px Tiro 3 3 2 2 3 3 3 19 20px Tiro con arco 1 2 1 1 4 20px Tríatlon 1 1 5 20px Voleibol 1 1 1 1 4 20px Wáter-polo 1 1 2 20px Ximnasia 2 1 2 3 10 16 34 Clausura Evento 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 TOT

Medalleiro Véxase o artigo Medalleiro dos Xogos Europeos de 2015. Posición País Ouro Prata Bronce Total1 79 40 45 1642 Azerbaidján 21 15 20 563 18 10 19 474 16 17 33 665 12 13 18 436 10 26 11 477 10 11 22 438 8 14 24 469 8 12 9 2910 8 11 11 30

Véxase tamén Outros artigos Xogos Europeos Bacú Azerbaidján

Ligazóns externas Baku 2015

Categoría:Xogos Europeos de 2015 Categoría:Competicións multideportivas