Johann Christoph Bach, nado en Arnstadt o 6 de decembro de 1642 e finado en Eisenach o 31 de marzo de 1703, foi un compositor alemán do Barroco. Non debe ser confundido co fillo de Johann Sebastian Bach, Johann Christoph Friedrich Bach.

Traxectoria Johann Christoph Bach naceu en Arnstadt (daquela no Sacro Imperio Romano-Xermánico e actualmente no estado de Turinxia, Alemaña), fillo de Heinrich Bach, tío avó de Johann Sebastian Bach, polo que era o primo irmán de Johann Sebastian. Foi tamén o tío de Maria Barbara Bach, a primeira muller de J.S. Bach.

Johann Christoph tiña unha reputación como compositor que só foi igualada por Johann Sebastian entre a familia Bach durante a súa vida. A partir de 1665 compaxinou o cargo de organista na Georgenkirche co de cembalista da orquestra de cámara da corte de Eisenach. Seu irmán, Johann Michael Bach (sogro de Johann Sebastian Bach e pai de Maria Barbara), foi tamén compositor. Estivo en contacto con Johann Ambrosius Bach, e deulle clasese ao seu fillo Johann Sebastian. Algunhas das súas obras foron posteriormente atribuídas a Johann Sebastian, mais recentemente foron recoñecidas como obras escritas por Johann Christoph. Catro dos seus fillos foron tamén músicos:

Johann Nikolaus Bach (1669-1753) Johann Christoph Bach (1689-1740) Johann Friedrich Bach Johann Michael Bach

Foi un compositor de gran capacidade, mais a pesar do seu éxito como músico, Johann Christoph atravesou dificultades financeiras, que puideron ter dado lugar á súa non selección como titor de Johann Sebastian cando morreron os seus pais. Posiblemente non recibiu a apreciación que merecía polo seu carácter difícil e testalán co Consello de Eisenach. Johann Christoph tiña moitas débedas cando morreu en Eisenach.

Obra miniatura|Manuscrito de Ach, dass ich Wassers. Johann Ambrosius Bach tiña as obras de Johann Christoph en grande estima, a quen consideraba "o compositor máis grande e expresivo da familia". Unha das composicións máis famosas de Johann Christoph é a cantata Meine Freundin, du bist schön, baseada no Cantar dos Cantares, mais poucas obras súas sobreviviron, a maioría no Altbachisches Archiv:

Doce Motetes. Sete ou oito Geistliche Konzerte, incluídos os grandes conxuntos "Es erhub sich ein Streit im Himmel". Dúas Arias. Dous lamentos. Dúas cantatas. Uns cincuenta Orgelchoräle. Präludium und Fuge en mi bemol para clave. Tres obras de variacións para clave.

Véxase tamén Outros artigos Familia Bach

Bibliografía

Ligazóns externas Partituras gratuítas de Bach Johann Christoph Bach na Choral Public Domain Library (ChoralWiki) Información de Johann Christoph Bach Discografía de obras da familia Bach con comentarios

Categoría:Familia Bach

Categoría:Nados en 1642 Categoría:Finados en 1703 Categoría:Compositores de Alemaña