María Dolores de Cospedal García, nada en Madrid o 13 de decembro de 1965, é unha xurista e política española, secretaria xeral do Partido Popular e presidenta do Partido Popular de Castela-A Mancha. Foi presidenta da Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha entre 2011 e 2015, e ministra de Defensa entre 2016 e 2018.

Traxectoria Con 26 anos, ingresou por oposición no corpo de avogados do Estado. Foi a avogada do Estado máis xove.

María Dolores de Cospedal foi a candidata polo Partido Popular (PP) nas eleccións de 2007 á presidencia da comunidade autónoma de Castela-A Mancha, quedando o seu grupo parlamentario na oposición tras os referidos comicios autonómicos e locais, aínda que despois de lograr unha mellora considerable con respecto aos anteriores comicios.

Posteriormente, nas eleccións de 2011, conseguiu o 48,13% dos votos, levando o Partido Popular de Castela-A Mancha á maioría absoluta. Por primeira vez na historia da democracia, o PP lograba gobernar a Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha da que foi presidente José Bono dende 1983 ata 2004 e José María Barreda ata 2011.

Nas eleccións de 2015, volveu ser a forza máis votada co 37,49% dos votos, quedándose a un escano da maioría absoluta. A pesar da vitoria, un pacto entre o Partido Socialista e Podemos desbancouna do goberno rexional.

O 3 de novembro de 2016 foi nomeada ministra de Defensa por Mariano Rajoy. Ocupou o cargo ata o 7 de xuño de 2018, logo de prosperar a moción de censura contra Mariano Rajoy.

Notas

Categoría:Políticos do PP Categoría:Presidentes da Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha Categoría:Ministros do Goberno de España da XII Lexislatura Categoría:Nados en 1965 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Alumnos da Universidade San Pablo CEU Categoría:Ministros de Defensa de España Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XI Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XII Lexislatura) Categoría:Conselleiros da Comunidade de Madrid Categoría:Senadores de España polo PP