Gerardo Seoane Fidalgo, nado en Verín o 17 de xaneiro de 1959, é un arquitecto e político galego.
Traxectoria Licenciado en arquitectura pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid. Nas eleccións municipais de 1991 foi candidato por Alianza Popular á alcaldía de Verín. Nas eleccións municipais de 2015 foi candidato independente nas listas do PSdeG-PSOE e foi elixido alcalde mediante un pacto co BNG. Nas municipais de 2019 logrou se-la forza máis votada, a poucos votos da maioría absoluta, sendo reelixido alcalde e renovando o pacto de goberno co BNG. Nas municipais de 2023 revalidou a vitoria, logrando tódolos partidos o mesmo repartimento de concelleiros, sendo novamente reelixido e continuando o pacto co BNG.
Polémica En 2019 foi denunciado perante a Fiscalía por unhas obras. Malia que a denuncia estaba asinada dixitalmente pola secretaria provincial do PP, no xuízo, esta negouno. En 2025, foi condenado pola Audiencia Provincial de Ourense a dous anos de prisión por un delito conta a ordenación do territorio e absolto doutro de prevaricación. Tampouco se poderá presentar á reelección en 2027. O mesmo ano, 2025, a condena foi recorrida ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que confirmou a condena en xuño de 2026. A seguir, anunciou que ía recorrer ao Tribunal Supremo.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Verín
Categoría:Nados en Verín Categoría:Nados no século XX Categoría:Alcaldes de Verín Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Arquitectos de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade Politécnica de Madrid Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Políticos de AP Categoría:Políticos do PSdeG-PSOE