Julio César Carracedo Pose, nado na Coruña en 1976, é un xornalista e escritor galego.
Traxectoria Xornalista radiofónico. Foi xefe de informativos na COPE en Ferrol, director do programa Hoy por hoy e director de informativos da fin de semana na Cadena SER en Santiago de Compostela. En 2006 recibiu un accésit do Premio Modesto R. Figueiredo polo relato "A cota láctea" e unha mención no certame de Relato Curto do Concello de Mugardos. En 2014 gañou o Premio do xurado do Premio Diario Cultural de teatro radiofónico da Radio Galega coa obra Explotados e o accésit do Modesto R. Figueiredo polo relato "Gran sol". En 2015 obtivo o segundo premio da categoría B do X Premio de Narración Curta do Concello de Curtis. De xuño de 2015 a 2019 traballou no gabinete de prensa da Alcaldía de Lalín.César Carracedo gana un premio de teatro radiofónico
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas César Carracedo: “Explotados conta unha historia moi actual, e faino dende unha perspectiva crítica” Entrevista.
Categoría:Xornalistas da Coruña Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1976 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes