Lefkoşa ou Nicosia do Norte é a capital e maior cidade da República Turca do Norte de Chipre. É a parte norte da cidade de Nicosia. En 2011, Lefkoşa tiña unha poboación de 61 378 e a área metropolitana tiña 82 539.

Historia No ano 1963, após modificacións constitucionais feitas polos grego-chipriotas, que foron rexeitadas polos turco-chipriotas, estaltaba unha violencia intercomunal. Nicosia era dividida en cuartos grego-chipriotas e turco-chipriotas pola Liña Verde, nome posto pola cor do bolígrafo usado polo oficial das Nacións Unidas para debuxar a liña no mapa da cidade.

O 15 de xullo de 1974, un golpe pro-grego conducido pola xunta militar grega pretendía unir a illa con Grecia. O golpe botaba ao presidente Makarios III e substituíao polo nacionalista pro-enosis Nikos Sampson. O 20 de xullo de 1974, o exército turco invadía a illa, temendo o golpe grego. A invasión incluía dúas fases. A segunda fase era feita o 14 de agosto de 1974, onde o exército turco adiantaba as súas posicións, ao final capturando un total do 37% do territorio chipriota, incluíndo a parte setentrional de Nicosia e as cidades de Kyrenia e Famagusta.

O 23 de abril de 2003, o cruzamento Ledra Palace era aberto na Liña Verde, a primeira vez que o paso dun lado a outro da cidade era permitido dende 1974. Isto foi seguido pola apertura doutro punto de cruzamento o 9 de maio de 2003 chamado Ayios Dometios. O 3 de abril de 2008, o cruzamento da Rúa Ledra era tamén reabrido.

Administración Política 200px|miniatura|esquerda|Concello de Lefkoşa Como capital, Lefkoşa acolle o goberno da República Turca do Norte de Chipre e é o centro cultural e económico do país. A cidade está gobernada polo Concello Turco de Nicosia, que é recoñecido pola constitución da República de Chipre.

Alcaldes Tahsin Gözmen: 1958–1962 Cevdet Mirata: 1962–1962 Fuat Celalettin: 1962–1968 Ziver Kemal: 1969–1976 Mustafa Akıncı: 1976–1990 Burhan Yetkili: 1990–1994 Şemi Bora: 1994–2002 Kutlay Erk: 2002–2006 Cemal Metin Bulutoğluları: 2006–2013 Kadri Fellahoğlu: 2013–2014 Mehmet Harmancı: 2014 – present

Cidades irmandadas Ankara, Turquía Bursa, Turquía, dende 1990 Comrat, Moldova, dende 2006 Gaziantep, Turquía, dende 2009 Karbinci, Macedonia do Norte, dende 2001 Aračinovo, Macedonia do Norte, dende 2002

Galería de imaxes

Notas

Categoría:Nicosia