dereita|miniatura|Cartel de Cleopatra (1917), do que só quedan fragmentos. dereita|miniatura|Foto de Number Thirteen, filme inconcluso. dereita|miniatura|Fotograma do filme colombiano Garras de oro (1926), do que se conservan algunhas fotos. Un filme perdido é unha longametraxe ou unha curtametraxe que non existe en ningún arquivo deste tipo de materialJugoslovenska Kinoteka (Filmoteca oficial Iugoslava) Filmoteca de la Universidad Nacional Autónoma de México a nivel mundial nin en ningunha colección privada.Centros de documentación audiovisual Tamén se emprega esta expresión para designar filmes dos que algunhas escenas ou secuencias foron perdidas, non editadas ou descartadas de versións diferentes ás que existen na actualidade. Ocasionalmente aparece unha copia dalgún filme que se consideraba perdido. Ocorreu por exemplo con Robin Hood, filme de 1922. Razóns da desaparición dun filme A maioría dos filmes perdidos son do cinema mudo ou dos primeiros anos do cinema sonoro.L'ère du muet : présumés perdus // Presumed lost films, consultado o 22 de xullo de 2008. A fundación de preservación de filmes de Martin Scorsese, estima que o 80% dos filmes desa época están desaparecidos.Cinemanía, 10 películas que nunca veremos (y que nos gustaría ver) , 4 de decembro de 2011. Por exemplo, dos corenta filmes de Theda Bara só se conservan tres e medio e dos 57 filmes da actriz Clara Bow vinte están perdidos e 5 incompletos.Clara Bow.net (Maytime Found)Long-Lost Silent Films Return to America Pola contra hai excepcións: todos os filmes de Charlie Chaplin sobreviviron, incluso moitas metraxes non empregadas de 1941, agás A Woman of the Sea, destruído polo propio Chaplin, e un filme de Keystone Studios titulado Her Friend the Bandit.
Numerosos filmes dos comezos do cinema perdéronse a causa da presenza de nitrato,La conservación de las películas particularmente inestable e inflamable, nas películas cinematográficas. O lume tamén destruíu arquivos enteiros, coma o incendio que en 1937 destruíu os negativos orixinais da Twentieth Century Fox filmados antes de 1935.Little Ferry, New Jersey, 18 de xullo de 1937.
Porén a causa máis frecuencia da perda de filmes mudos foi a destrución intencionada, xa que estes filmes non tiñan valor comercial coa chegada dos filmes falados. Antes da era do vídeo e a televisión considerábase ademais que os filmes non tiñan interese logo da súa exhibición nas salas de cine.
Filmes perdidos despois de 1950 O formato de película de 35 mm foi introducido en 1949. Este formato tiña unha base moito máis estable. Non obstante no novo material algunhas cores atenuábanse ou desaparecían, polo que seguín sendo importantes as condicións do almacenamento.Marta Borrachero, El “Síndrome del vinagre” ataca la memoria audiovisual española, LaSemana.es, 6 de novembro de 2006.
A maioría dos filmes da década de 1950 sobreviviron, con excepción dos primeiros filmes pornográficos e algúns serie B. Porén débese lamentar a perda dalgúns filmes de directores coñecidos,50 Lost Movie Classics, 17 de decembro de 2006. como Take It Out In Trade (1970) e The Undergraduate (1972), de Ed Wood e The Noble Experiment (1955) de Tom Graeff.
Hai outras circunstancias que poden facer desaparecer un filme, como ocorreu coa curtametraxe A tola, de Miguel Gato, que se perdeu despois de ser secuestrada polo Tribunal de Orde Pública de España en 1974.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Cinéma (aspects généraux): Histoire. Tratamento do celuloide Lost Films database . Films perdus, stars oubliées, scènes coupées...
Categoría:Cinema