Gueral de Abaixo é un lugar da parroquia de Anfeoz no concello ourensán de Cartelle na comarca da Terra de Celanova. Segundo o INE e o IGE en 2011 tiña 37 habitantes (20 homes e 17 mulleres), dous menos ca en 2010 (20 homes e 19 mulleres).

Engádeselle o apelido de Abaixo para distinguilo de Gueral de Arriba (O Mundil).

Xeografía Gueral de Abaixo está situada a carón do regueiro da Teixeira que rega os seus campos e permiten o cultivo de regadío nas súas veigas. Ademais da agricultura, a apicultura é unha actividade de grande arraigo na aldea, que na actualidade ten colmeas repartidas por distintas zonas. A aldea atópase en proceso de concentración parcelaria dentro da zona do Mundil.

O monte comunal do Outeiro Maior ten 45 hectáreas. Nel hai piñeiros do país e pequenas zonas de carballos. Alí viven xabaríns, corzos e lobos, ademais dunha gran variedade de especies de mamíferos e aves.

Mitoloxía Segundo a lenda, no Outerio das Meigas, ao leste da aldea, realizábanse de noite conxuros de meigas, logo das cales quedaban no lugar cabelos loiros debaixo das pedras.

Festas O 29 de xuño celébrase a festa de San Pedro, venerado na capela da aldea veciña de Gueral de Arriba, na parroquia do Mundil.

Lugares e parroquias Lugares de Anfeoz

Parroquias de Cartelle

Notas

Categoría:Lugares de Cartelle Categoría:Cartelle poboación 2011