A Universidade de Navarra (en ) é unha universidade española de carácter privado e relixioso. Fundouna en Pamplona en 1952 por Xosemaría Escrivá de Balaguer e forma parte da estrutura do Opus Dei.

Na universidade de Navarra pódense cursar 27 titulacións oficiais e máis de 300 programas de posgrao en dez facultades, dúas escolas superiores, o IESE (Instituto de Estudos Superiores da Empresa), dúas escolas universitarias, ISSA (Instituto Superior de Secretariado e Administración) e outros centros e institucións. Inclúe a Clínica Universitaria, que con cerca de 1.700 profesionais cualificados, atende a máis de 100.000 pacientes ó ano. No ano 2004 inaugurouse o Centro de Investigación Médica Aplicada (CIMA) no que 300 investigadores desenvolven os seus estudos biomédicos.

Xunto coa Universidade Pública de Navarra e a UNED, é unha das tres universidades con sede na capital navarra.

Alumnado destacado Entre os antigos alumnos da Universidade de Navarra inclúense, entre outros:

Uxue Barkos, xornalista e política. Antonio Brufau, empresario. Javier Maroto, político. Pedro Morenés, político e empresario. Pedro J. Ramírez, xornalista. Rafael Tamames Fernández, empresario e escritor. Luis Piedrahita, humorista, escritor e director de cine. Cristina Pardo, xornalista. Helena Resano, xornalista. Juan Manuel Moreno, político. Edurne Portela, escritora e profesora universitaria.

Doutores honoris causa A Universidade de Navarra ten nomeado como doutor honoris causa as seguintes persoas:

Ano Nome País Facultade 2011 Antonio López García Arquitectura 2011 Joseph H. H. Weiler Dereito 2011 Péter Erdő Dereito Canónico 2003 Antonio María Rouco Varela Teoloxía 2003 Antohony Kelly Arquitectura 2003 Mary Ann Glendon Dereito 1998 Douwe Breimer Farmacia 1998 Joseph Ratzinger Teoloxía 1998 Julian Simon Económicas 1994 Francesco Cossiga Dereito 1994 Jorge Carreras Dereito 1994 Leo Scheffczyk Teoloxía 1994 Manuel Elices Escola de Enxeñaría 1994 Rafael Frühbeck de Burgos Filosofía e Letras 1994 Robert Spaemann Filosofía e Letras 1994 Tadeusz Styczen Teoloxía 1989 Ángel Santos Ruiz Farmacia 1989 Christopher M. Sellars Vicerreitorado de Relacións Internacionais 1989 Elisabeth Anscombe Filosofía e Letras 1989 John H. McArthur Dereito 1989 José María Lacarra y de Miguel (póstumo) Filosofía e Letras 1989 Roger Etchegaray Teoloxía 1974 Franz Hengsbach Teoloxía 1974 Jérôme Lejeune Medicina 1972 Erich Letterer Ciencias 1972 Juan de Contreras y López de Ayala Arquitectura 1972 Paul Ourliac Dereito 1967 Carlos Jiménez Díaz (póstumo) Medicina 1967 Guilherme Braga da Cruz Filosofía e Letras 1967 Jean Roche Ciencias 1967 Otto Bernhard Roegele Filosofía e Letras 1967 Ralph M. Hower Filosofía e Letras 1967 Willy Onclin Dereito Canónico 1964 Juan Cabrera y Felipe Ciencias 1964 Miguel Sancho Izquierdo Dereito

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial da Universidade de Navarra