Ricardo Gómez Buceta, coñecido como Ricardito, nado en Pontevedra en 1900 e finado en Bueu o 24 de decembro de 1936, foi un político galego.

Traxectoria Depositario e administrador do concello de Bueu. Militante do Partido Galeguista, era compañeiro e colaborador do alcalde Johan Carballeira. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi perseguido e acusado dun desfalco nas arcas do concello. Foi suspendido de emprego e soldo e a familia tivo que vender dúas propiedades para pagar a cantidade reclamada."La falsa deuda de Ricardo Gómez Buceta" Faro de Vigo, 15/4/2010. O 21 de decembro de 1936 foi detido pola Falanxe local, e tres días despois asasinado. O seu cadáver non apareceu. A súa familia marchou de España e estableceuse no Uruguai e na Arxentina.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas : "Ricardo Gómez Buceta no tempo da infamia" 23/6/2015. A memoria que non se debe esquecer (II) “O que matou ao meu marido foi o máis rico do pobo”

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en 1936