miniatura|Museo do Encaixe, en Camariñas. O encaixe de bolillos ou renda de bilros é unha técnica de encaixe téxtil que consiste en entretecer fíos que inicialmente están enrolados en bobinas, chamadas bolillos, para seren manexados mellor. A medida que avanza o traballo, o tecido suxéitase mediante alfinetes cravados nunha grella ou debuxo realizado en cartón, coñecido co nome de "picado". A posición que ocupa cada alfinete vén determinada polo xeral por un patrón de buracos no picado.

Algúns autores cren que o encaixe de bolillos vén da cultura exipcia e dos faraóns, espallándose posteriormente polo Mediterráneo a través da expansión musulmá. e chegando no século VIII á Península Ibérica, Francia, Bélxica, os Países Baixos e o norte de Italia.

En Galicia destaca o encaixe de bolillos de Camariñas, que conta cun museo propio desde 1996. Aínda que é a localización con máis sona, existen outras vilas con certa tradición de encaixe, entre as que se atopan localizacións na provincia de Pontevedra e nas zonas de Fonsagrada e Viveiro (Provincia de Lugo).

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Encaixe de bolillos de Camariñas Museo do Encaixe de Camariñas Palilleiras Ligazóns externas mecam.net Museo do encaixe de Camariñas (MECAM)

Categoría:Industria téxtil