Francisco José Corredoira González, coñecido como Paco Corredoira, nado o 28 de decembro de 1979 en Lugo é un exfutbolista galego que xogaba en varias posicións, entre elas defensa central, interior e extremo.
Traxectoria Formado nas categorías inferiores da S.G. Comercial e posteriormente no CD Lugo, pasou polo Racing Vilalbés antes de recalar no filial da SD Compostela. Debutou co primeiro equipo en Segunda División na tempada 2000/01, conseguindo ficha do primeiro equipo na tempada seguinte. Xogou en Compostela tres tempadas nas que viviu un amargo descenso a Segunda División B, o seguinte ascenso á categoría de prata e o definitivo descenso por falta de pagamento pese a rematar a tempada na novena posición.
No verán de 2003 fichou polo SD Eibar da Segunda División, onde xogou dous anos a moi bo nivel. Ao rematar estes dous anos fichou polo Numancia de Soria, tamén na división de prata.
No verán de 2006 fichou polo Racing de Ferrol, acadando o ascenso a Segunda no seu primeiro ano. Porén, o club verde só aguantou un ano nesta categoría. Pese á titularidade e ao bo nivel mostrado en Ferrol as continuas lesións lastraron o seu potencial, en especial unha rotura dos ligamentos cruzados no seu segundo ano. Isto levouno a anunciar a súa retirada en 2009 para preparar as oposicións a mestre de educación física de Educación Secundaria.
Coa selección de fútbol No ano 2005 foi convocado para disputar o primeiro encontro da Selección galega moderna, ante a Selección do Uruguai no estadio de San Lázaro, encontro que gañou Galiza por 3-1.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1979 Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Deportistas de Lugo Categoría:Futbolistas de Lugo Categoría:Xogadores do Racing Vilalbés Categoría:Xogadores da SD Compostela B Categoría:Xogadores da SD Compostela Categoría:Xogadores do SD Eibar Categoría:Xogadores do CD Numancia Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Galicia