O antigo Estadio Carlos Tartiere era un estadio de fútbol da cidade de Oviedo, en España. Nel xogou os seus partidos como local o Real Oviedo entre 1932 e 2000, cando pasou a xogar no novo estadio. Foi derrubado en 2003.
O campo recibía este nome polo primeiro presidente do club, Carlos Tartiere.
Historia Denominado Estadio de Buenavista, por estar situado no barrio do mesmo nome, foi inaugurado o 24 de abril de 1932, cun partido entre as seleccións nacionais de España e Iugoslavia con triunfo de España por 2-1. O primeiro gol do estadio foi marcado por Isidro Lángara, dianteiro do Real Oviedo.
Tiña a particularidade nese tempo de que a tribuna principal estaba cuberta cunha visera de máis de 100 metros de lonxitude sen ningunha columna de apoio diante, a primeira que se construia en España desas características, obra do enxeñeiro Ildefonso Sánchez del Río.
En 1954 foi vendido ao Concello de Oviedo, que é o seu propietario desde entón. En xuño de 1958 o seu nome cambiouse polo do fundador e primeiro presidente do club, Carlos Tartiere.
O 4 de xuño de 1969 inaugurouse a iluminación artificial do campo durante o encontro amigable entre o Real Oviedo e o Real Madrid.
Foi reconstruído con motivo do Mundial de Fútbol España '82, no que foi unha das sedes oficiais, de forma que a capacidade do recinto pasou de 20.000 persoas a 22.500. O partido de inauguración logo das obras enfrontou o Real Oviedo coa selección nacional de Chile.
En 1998, para cumprir coa normativa da UEFA e mellorar a seguridade nos campos de fútbol, engádense butacas a case todo o campo de forma que o foro se reduce ata as 13.000 persoas. Este feito fixo que se expuxese a necesidade de construír un novo campo de fútbol para a cidade con capacidade suficiente para todos os afeccionados.
O 20 de maio de 2000 o Real Oviedo xoga o seu último partido no Carlos Tartiere fronte á Real Sociedad e este é derrubado en 2003, unha vez estivo terminado o novo estadio. Nos terreos que ocupaba o estadio e arredores construíuse o Palacio de Congresos de Oviedo, deseñado por Santiago Calatrava.
Partidos internacionais
Xogáronse tres partidos da primeira rolda do Mundial de 1982, concretamente do Grupo B.
Véxase tamén
Outros artigos Estadio Carlos Tartiere (2000)
Ligazóns externas Sitio web oficial do Real Oviedo Sitio web CarlosTartiere.com
Categoría:Estadios de fútbol de Asturias Categoría:Estadios do Mundial de Fútbol de 1982 Categoría:Real Oviedo