Fuente Álamo de Murcia é un concello español da Rexión de Murcia, situado no Campo de Cartagena. Tiña unha poboación de 16.338 habitantes en 2014.

Limita ao norte con Murcia, ao leste con Torre-Pacheco, ao sueste con Cartaxena, ao suroeste con Mazarrón e ao oeste con Alhama de Murcia.

O municipio conta cunha arraigada tradición agrícola e gandeira. O municipio conta, ademais, con varios centros de educación pública e concertada, e investiuse nos últimos anos na construción de parques e xardíns en todas as pedanías e na capital do municipio.

Véxase tamén Ligazóns externas

Sitio web do concello

Categoría:Concellos da Rexión de Murcia